Adolf Loos
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adolf Loos, nado en Brno (Moravia) o 10 de decembro de 1870 e falecido en Kalksburg (Viena) o 23 de agosto de 1933, foi un arquitecto austríaco nacionalizado checoslovaco.
Índice |
[editar] Traxectoria
Despois de rematar os seus estudos viviu en Estados Unidos durante tres anos (1893 - 1896). Polemizou cos defensores do Modernismo que formaban a denominada Secesión de Viena e que representaban un punto de vista antagónico á súa visión da arquitectura. É considerado coma un dos precursores do racionalismo arquitectónico. Estivo en contacto coas vangardas artísticas europeas da súa época entrando en contacto con artistas como Schönberg, Kokoschka e Tristan Tzara. Foi un pioneiro do Movemento Moderno que supoñía a desornamentación dos edificios e a ruptura co historicismo.
[editar] Obras destacadas
- Xastrería Goldman&Salatsch , tamén coñecida como Casa Loos, en Viena (1910).
- Intervención no Café Museum de Viena (1899)
- Villa Karma en Montreux (Suiza, 1903-1906)
- Casa Steiner en Viena.
- Proxecto para o Chicago Tribune Column (1922).
- Casa Müller en Praga (1930).
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Breve biografía en artandculture.com (en inglés).
- Biografía e obras en greatbuildings.com (en inglés).