Alan Hillgarth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alan Hug Hillgarth, nado en Londres o 7 de xuño de 1899 e falecido na vila irlandesa de Ballinderry (Tipperary) o 28 de febreiro de 1978, foi un militar, político e escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descendente dunha familia de médicos, en 1911 ingresou como oficial na Royal Navy. Participou na Primeira Guerra Mundial. Ao que rematou, estudou no King's College de Cambridge. Posteriormente retornou ao servizo entre os anos 1919 e 1927, cando se retirou como capitán de corveta.

En 1929 contraeu matrimonio con Mary Sidney Katharine Almina e ambos estableceron a súa residencia en España. En 1932 compraron a posesión de Son Torrella en Mallorca e Hillgarth, foi nomeado vicecónsul honorario en Palma. Cando se produciu no ano 1936 o levantamento militar, Hillgarth atopábase fóra de Mallorca, á que volveu para organizar a evacuación dos súbditos británicos. Entre 1936 e 1939, exercendo as súas tarefas de vicecónsul e posteriormente de cónsul, enviou numerosos informes a Londres sobre a situación de Mallorca.

Durante a Segunda Guerra Mundial, en calidade de responsable da Royal Navy en Madrid colaborou co espía e médico galego Eduardo Martínez Alonso na evacuación de xudeus e outros fuxidos do bando Aliado a través do norte de España: os refuxiados levábanos dende a fronteira francesa ata Madrid, para de aí chegaren ao porto de Vigo ou cruzaren a fronteira entre Galicia e Portugal[1]. Tivo tamén un papel prominente na Operación Mincemeat, na que mediante documentos falsos conseguiron enganar o servizo de espionaxe de Alemaña sobre a invasión de Sicilia.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Transcendencia cultural[editar | editar a fonte]

Hillgarth é un dos personaxes históricos reais que aparecen no best-seller de C. J. Sansom Winter in Madrid.

Galardóns[editar | editar a fonte]

Recibiu o título de sir, así como a Orde do Imperio Británico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CONI, N. Eduardo Martı ́nez Alonso (1903–72): gallant surgeon who undertook special operations. Journal of Medical Biography, 2010; 18: 27–34
  2. Macintyre, Ben (2010). Operation Mincemeat. The True Spy Story that Changed the Course of World War II. Londres: Bloomsbury. ISBN 978-0-7475-9868-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]