Alan Bean

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alan Bean.

Alan Bean, nado en Wheeler (Texas) o 15 de marzo de 1932, é un astronauta retirado estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería aeronáutica na Universidade de Texas, da que se licenciou en 1955. Piloto de probas da mariña norteamericana, foi o instrutor de Pete Conrad, o que despois sería o seu comandante no Apollo 12. En 1963 a NASA seleccionouno como para un dos seus grupos. En 1967, logo da morte de Clifton Williams nun accidente, Bean substituíuno como suplente da tripulación do Apollo 9.

Bean foi o piloto lunar do Apollo 12, e Bean e Pete Conrad aluaron o 14 de novembro de 1969 no Océano das Tormentas, exploraron a superficie lunar, realizaron experimentos e instalaron a primeira estación xeradora de enerxía nuclear na Lúa para proverse de enerxía.

Bean foi tamén o comandante do Skylab 3 en 1973. En 1975 retirouse da Mariña norteamericana, pero continuou traballando na NASA ata 1981, e a partir de entón dedicouse a pintar.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Bean