Al-Hakam I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Al-Hakam, nado en c. 770 e falecido o 21 de maio de 822, foi un emir Omeia de Córdoba desde o 17 de abril de 796 ata a súa morte.

Soberano impopular tivo que sufocar varias rebelións, unha das máis célebres foi a de al-Ribad (O arrabalde), preto das beiras do río Guadalquivir. Este emir, mandou ós rebeldes ó exilio nunha nave polo Mediterráneo, estes tomaron Alexandría por dez anos. Unha vez que os expulsaron de alí, instaláronse en Creta. Un dos seus líderes formou unha dinastía alí. Morreu tras proclamar sucesor ao seu fillo Abd ar-Rahman.