Akari
|
|
|
|---|---|
![]() |
|
|
|
|
| Tipo | Observatorio espacial |
| Fabricante | |
| Organización | JAXA |
| Data de lanzamento | 21 de febreiro de 2006[1][2] |
| Foguete portador | M-V[2][3][4] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][3] |
| Obxectivo da misión | Observación en infrarroxo[3][2] |
| NSSDC ID | 2006-005A |
| Masa | 955 kg[2] |
| Semieixo maior | 7078,5 km[1] |
| Inclinación | 98,3 graos[1] |
| Apoapse | 713,7 km[1] |
| Periapse | 701,4 km[1] |
| Período orbital | 98,8 minutos[1] |
Akari (あかり, en xaponés, Luz[3]), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor)[4], foi un observatorio espacial xaponés no infrarroxo pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).
Índice |
[editar] Características
Akari foi deseñado para observar no espectro infrraroxo. Para elo usa un telescopio Ritchey-Chretien cunha apertura de 67 centímetros e unha lonxitude focal de 420 centímetros. O espello primario é de carburo de silicio cun recubrimento de ouro. Leva dous instrumentos no plano focal enfriados a unha temperatura de 6 Kelvin mediante 170 litros de helio líquido. A cantidade de helio estaba calculada para durar 550 días de observacións.[2]
Os dous instrumentos do plano focal son:[5]
- FIS (Far-Infrared Surveyor, explorador do infrarroxo lonxano): está deseñado para facer unha exploración completa do ceo no infrarroxo lonxano . O intrumento leva dous detectores formados por fotoconductores que usan semiconductores (xermanio e galio). Cada detector usa filtros, polo que en total o instrumento ten catro bandas de observación: de 50 a 80, de 60 a 110, de 110 a 180 e de 140 a 180 µm. O FIS tamén se usa para observacións dirixidas para a detección de obxetos febles ou para facer espectroscopía mediante un espectrómetro de transformada de Fourier.
- IRC (InfraRed Camera, cámara infrarroxa): está composta por tres sístemas independentes. Unha avantaxa da IRC é que pode observar un campo de 10 minutos de arco cadrados grazas ó uso de matrices de gran formato (512x412 para NIR e 256x256 para MIR). Cada cámara pode seleccionar unha banda concreta de observación grazas ó uso de filtros, ademais de poder realizar observacións espectroscópicas mediante prismas e rexillas. As tres cámaras que compoñen a IRC son:
- NIR: é unha cámara que observa no infrarroxo próximo, entre 1,5 e 5,5 µm.
- MIR: observa no rango entre 5,8 e 14,1 µm.
- MIR-L: para as lonxitudes de onda entre 12,4 e 26,5 µm.
[editar] Resultados
- Formación estelar de tres xeneracións na nebulosa IC4954/4955, na constelación de Vulpecula.[6]
- Primeira detección no infrarroxo dun remanente de supernova na Pequena Nube de Magallanes.
- Detección de pérdida de masa de estrelas xigantes roxas relativamente xóvenes no cúmulo globular NGC 104.
- A constelación de Orión e a Vía Láctea a 140 µm.
- Rexións de formación estelar na constelación de Cygnus.
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011) ASTRO F (AKARI) (inglés). Real Time Satellite Trackin. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (8 de xullo de 2011) Akari (inglés). Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Europa se une a Japón en la próxima exploración del cielo infrarrojo (inglés). ESA (2011). Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011) Astro F (IRIS, Akari) (inglés). Gunter's Space Page. Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ Focal Plane Instruments (inglés). JAXA (2005). Consultado o 18 de xullo de 2011.
- ↑ AKARI (ASTRO-F) Results. JAXA/ISAS/LIRA (28 de novembro de 2008). Consultado o 18 de xullo de 2011.
