Aglaeactis cupripennis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aglaeactis cupripennis
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Apodiformes
Familia: Trochilidae
Xénero: Aglaeactis
Especie: A. cupripennis
Nome binomial
Aglaeactis cupripennis
Bourcier, 1843
Distribución de Aglaeactis cupripennis
Distribución de Aglaeactis cupripennis

Distribución de Aglaeactis cupripennis

Aglaeactis cupripennis é unha especie de colibrí da familia Trochilidae. É orixinario de Colombia, Ecuador e o Perú. Os seus hábitats naturais son subtropical ou tropical, habitando no bosque de montaña e nas matogueiras a grande altura.

Descrición[editar | editar a fonte]

Posúe un peteiro curto e recto. Os exemplares machos son de cor marrón metálica nas súas partes superiores, cunha coroa máis escura na testa e irisacións de cor púrpura e cobrizo contra a cola. O pescozo e peito son de cor parda avermellada e a cola é de cor cobriza. As femias son moi semellantes en canto á súa plumaxe, aínda que non posúen as irisacións na súa parte superior.[2] Mide uns 12 cm de lonxitude e pesa arredor de 7 gr.

Hábitat e alimentación[editar | editar a fonte]

Vive nos bosques húmidos tropicais e subtropicais de Colombia, Ecuador e o Perú, entre os 2 500 e 4 300 m de altitude. Aliméntase case exclusivamente de néctar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BirdLife International. "Aglaeactis cupripennis". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Ridgely, Robert and Paul Greenfield. The Birds of Ecuador. Volume II: Field Guide. Cornell, 2001

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]