Aeroporto Internacional La Aurora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto Internacional La Aurora
Aeropuerto Internacional La Aurora

La Aurora control seguretat.JPG

IATA: GUA – ICAO: MGGT
Sumario
Tipo Mixto
Propietario Ministerio de Comunicaciones, Infraestructura y Vivienda
Operador Dirección General de Aeronáutica Civil de Guatemala (DGAC)
Cidade/Illa Cidade de Guatemala
Localización Cidade de Guatemala
Elevación (msnm) 4.952 pés / 1.509 metros
Web www.dgaguate.com
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
01/19 9.800 3.000 asfalto

O Aeroporto Internacional La Aurora (IATA: GUA, ICAO: MGGT) presta o servizo á Cidade de Guatemala, Guatemala, e está localizado a 6 km ao sur do centro da cidade. O aeroporto esta administrado pola Dirección General de Aeronáutica Civil de Guatemala e é o aeroporto máis moderno de Centroamérica; no país é seguido polo Aeroporto Internacional Mundo Maya preto de Flores, Petén. Recentemente, o aeroporto internacional "La Aurora", pasou a ser catalogado coma categoría 1 pola Administración Federal de Aviación de Estados Unidos.

Actualmente conta con 12 Gates (7 a 19), pero estanse a construír o resto (1 a 6 e 20 a 25) e se están a negociar voos con Air France (París-Guatemala-París), Virgin Atlantic (Londres-Guatemala-Londres) e China Airlines (Taiwan-Guatemala-Taiwan).

"La Aurora" estará sendo remodelado e expandido masivamente para ofrecer un maior servizo aos pasaxeiros e liñas aéreas, de tal xeito que poderá acoller un maior numero de usuarios e aeronaves máis grandes. No 2008, a aeroliña Taca instalará un "Hub", o centro de conexións encargado das rutas sudamericanas coma Quito, Bogotá, Caracas, Lima e Panamá, ao igual que expandindo as súas rutas diarias a Norte e Centroamérica.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]