Abdul Aziz Al-Saud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdul Aziz Al-Saud
Abdul Aziz Al-Saud

Abdul Aziz bin Abdul Rahman ibn Faisal Al Saud (en árabe عبد العزيز بن عبد الرحمن بن فيصل ال سعود), chamado Abdul Aziz Al-Saud, Abdul Aziz Ibn Saud ou simplemente Ibn Saud, nado en Riad probablemente o 24 de novembro de 1880 e finado en Taif o 9 de novembro de 1953, foi un nobre árabe, o primeiro rei de Arabia Saudita.

Naceu no seo da Casa de Saud (tamén chamada Casa de Sa'ud), que mantivo historicamente o dominio sobre as terras do interior de Arabia coñecidas coma Nejd.

Perda e reclamación do poder[editar | editar a fonte]

En 1890, con 10 anos, Saud acompañou á súa familia no seu exilio en Kuwait trala conquista das terras da familia por parte dos Rashidi.

No 1901, á idade de 21 anos, Ibn Saud sucedeu ó seu pai, Abdul Rahman bin Faisal como líder da familia Saud co título de sultán de Nejd. Foi nese intre cando comezou a loitar por reconquistar as terras da súa familia. En 1902, coa axuda dun grupo de familiares e serventes, reconquistou Riyadh, empregando tan só vinte homes, tras asasinar ó gobernador Rashidi da cidade. Ibn Saud estaba considerado un líder moi carismático e os antigos aliados da Casa de Saud acudiron na súa axuda trala captura da cidade.

Nos seguintes dous anos, reconquistou case a metade de Nejd. En 1904 Ibn Rashid pediu axuda ó Imperio Otomán para derrotar á Casa de Saud. Os otománs enviaron tropas a Arabia, obrigando a Ibn Saud a pórse á defensiva. Os exércitos da Casa de Saud sufriron unha gran derrota o 15 de xuño de 1904, pero recuperaron as súas forzas rapidamente e retomaron a ofensiva ó mesmo tempo que as tropas turcas se retiraban por falta de subministros. Coa axuda dun exército organizado ben adestrado, Ibn Saud consolidou o seu control sobre Nejd no 1912.

A Primeira Guerra Mundial e a creación de Arabia Saudita[editar | editar a fonte]

Durante a Primeira Guerra Mundial o goberno británico tentou conseguir o favor de Ibn Saud, pero xeralmente favoreceron ó seu rival Sherif Hussein ibn Ali, líder dos Hejaz, cos que os Sauds estaban en guerra case constante. Non obstante, os británicos asinaron un tratado en decembro de 1915 converteron as terras da Casa de Saud nun protectorado británico. A cambio, Ibn Saud comprometeuse a retomar a guerra contra os Rashidi, que eran novamente aliados dos otománs.

Pero Ibn Saud non declarou inmediatamente a guerra a Ibn Rashid a pesar de recibir un cargamento de armas e 5.000 £ ó mes dos británicos. Puxo coma escusa ante os británicos que o pago que recibiu era insuficiente para levar a cabo satisfactoriamente unha guerra contra un inimigo tan poderoso coma os Rashidi. Finalmente, en 1920, a Casa de Saud marchou contra os Rashidi, derrotándoos definitivamente no 1922. A derrota de Ibn Rashid dobrou o territorio dos Saud e as axudas británicas continuaron ata 1924.

En 1925 os Sauds capturaron a cidade santa da Meca, en poder de Sherif Hussein ibn Ali, rematando con 700 anos de tutela dos lugares santos islámicos por parte dos Hashemitas.

Foi declarado rei de Hejaz o 10 de xaneiro de 1926.

En 1927, os británicos recoñeceron a soberanía da familia Saud sobre o que hoxe se coñece coma Arabia Saudita. Nese intre, Ibn Saud cambiou o seu título de Sultán de Nejd polo de Rei de Hejaz e Nejd.

Dende 1927 ata 1932, Ibn Saud continuou consolidando o seu poder sobre a Península Arábiga. En 1932, tras conquistar case toda a península, Saud renomeou a zona chamándoa Arabia Saudita e proclamouse Rei de Arabia Saudita co apoio do goberno británico.

Petróleo e Guerras[editar | editar a fonte]

En 1938 descubriuse petróleo e Ibn Saud, a través do seu conselleiro Harry St. John Bridger Philby concedeu unha substancial autoridade sobre as explotacións petrolíferas ás compañías petroleiras estadounidenses. Nos primeiros tempos do gran boom do petróleo, a maioría dos cartos recibidos polo goberno saudita foron a parar ós cofres da familia real. Sen embargo, a medida que os ingresos polo petróleo creceron, Ibn Saud comezou a gastar parte deses ingresos en mellorar a calidade de vida dos seus súbditos.

Saud forzou a moitas tribos nómades a establecerse en emprazamentos fixos e a abandonar as "pequenas guerras" e as vinganzas. Tamén se esforzou por loitar contra o crime, especialmente esforzouse por evitar os ataques contra os peregrinos que visitaban as cidades santas de Meca e Medina.

Arabia Saudita mantívose neutral durante a Segunda Guerra Mundial, pero xeralmente foi considerado como parte dos aliados.

No 1948 Saud participou na Guerra Árabe-Israelí, aínda que a súa participación foi considerada puramente simbólica.

Familia e sucesión[editar | editar a fonte]

Ibn Saud tivo 52 fillos (dos cales 37 foron homes) con diferentes mulleres:

  1. Con Wadhba bint Muhammad al-Hazzam
    1. Turki (1917-1919)
    2. Saud (1902-1969)
  2. Con Bazza
    1. Nasser (1919-)
    2. Bandar (1923-)
    3. Fawwaz (1934-)
  3. Ca Princesa Jauhara bint Musaid Al Saud
    1. Muhammad (1910-1988)
    2. Khalid (1913-1982)
    3. Anud (1917-)
  4. Con Jauhara bint Saad al-Sudairy
    1. Saad (1920-1990)
    2. Musaid (1923-)
    3. Abdalmohsen (1925-1985)
  5. Con Shahida
    1. Mansur (1922-1951)
    2. Mishal (1926-)
    3. Qumasha (1927-)
    4. Muteb (1931-)
  6. Ca Princesa Haya bint Sa'ad al-Sudairy (1913-2003)
    1. Badr (1933-)
    2. Hassa
    3. Abdalillah (1935-)
    4. Abdalmajid (1940-)
    5. Mashael
  7. Con Hessa bint Ahmad al-Sudairy
    1. Fahd (1923-2005)
    2. Sultan (1928-)
    3. Abdalrahman (1931-)
    4. Turki (1932-)
    5. Nayef (1934-)
    6. Salman (1936-)
    7. Ahmad (1940-)
    8. Lulwah
  8. Con Fahda
    1. Khaled (1903-)
    2. Faisal (1904-1975)
    3. Fahd (1905-1919)
    4. Abdallah (1921-)
    5. Shaikha (1922-)
    6. Talal (1930-1931)
    7. Jauhara
    8. Talal (1931-)
    9. Daughter
    10. Badr (1931-1932)
    11. Mishari (1932-2000)
    12. Nawwaf (1933-)
    13. Thamir (1937-1959)
    14. Majed (1938-2003)
    15. Mamduh (1940-)
    16. Sattam (1941-)
    17. Hathloul (1941-)
    18. Nura (?-1930)
    19. Abdalsalam (1941-)
    20. Mashhur (1942-)
    21. Jiluwi (1942-1944)
    22. Muqren (1945-)
    23. Hamud (1947-)
    24. Sara (1916-2000)

Ibn Saud foi o pai de tódolos reis de Arabia Saudita que o sucederon.

Precedido por:
--
Reis de Arabia Saudita Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Precedido por:

Abdul Rahman bin Faisal Al Saud

Lideres da Casa de Saud Sucedido por:

Saud bin Abdul Aziz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]