Abdullah bin Abdulaziz Al Saud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud.
Abdullah bin Abdulaziz Al Saud e George W. Bush.

Abdullah bin Abdulaziz Al Saud (en árabe عبد بن عبدالعزيز آل سعود), tamén chamando Abdullah bin Abd al-Aziz, nado en Riad en 1924 é un dos 37 fillos de Ibn Saud, primeiro rei e fundador de Arabia Saudita.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi proclamado rexente dende 1996 debido á incapacidade do seu medio-irmán Fahd bin Abdul Al-Aziz e proclamado o sexto rei de Arabia Saudita tra-la morte deste o 1 de agosto do 2005. Tamén ten os cargos de Comandante da Garda Nacional Saudita dende 1963 e de Primeiro Vice-Primeiro Ministro dende xuño de 1982.

Ten catro esposas, sete fillos e quice fillas. Fundou dúas bibliotecas, unha en Riyadh (a Biblioteca Rei Abdulaziz) e outra en Casablanca, Marrocos.

Relación cos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Abdullah visitou en repetidas ocasións os Estados Unidos e a familia Bush (incluído o presidente George W. Bush) considérano un grande amigo da familia.

En outubro de 1976, reuniuse co presidente estadounidense Gerald Ford. Visitou o país novamente en outubro de 1987 para atoparse co presidente George H. W. Bush. En setembro de 1998, fixo unha visita de estado para reunirse en Washington DC co presidente Bill Clinton. E regresou novamente en setembro do 2000 para asistir ás celebracións do segundo milenio na sede das Nacións Unidas en Nova York.

Precedido por:
Fahd bin Abdul Al-Aziz
Reis de Arabia Saudita
e
Líderes da Casa de Saud
Sucedido por:

--

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]