Saud bin Abdul Al-Aziz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Saud bin Abdul Al-Aziz (en árabe سعود بن عبد العزيز), tamén chamado Saud bin Abdul Aziz, naceu o 12 de xaneiro de 1902. Foi o segundo rei de Arabia Saudí.

Primoxénito de Ibn Saud, convertiuse en principe herdeiro o 11 de maio de 1933 e subiu ó trono trala morte do seu pai en 1953. Durante o seu reinado estableceu numerosos ministerios gubernamentais e tamén foi o responsábel da fundación da Universidade Rei Saud en Riyadh.

O seu reinado estivo marcado polo descontento da súa propia familia. Coma o seu pai, tivo máis de 30 fillos. Saud foi moi ansioso ó conceder poder ós seus fillos, colocándoos en altos cargos gubernamentais. Isto molestou ós seus irmáns, que pensaban que os fillos de Saud tiñan moi pouca experiencia, e comezaron a temer que Saud seleccionase ó seu primoxénito coma o seu sucesor. Tamén foi coñecido pola súa tendencia ó despilfarro e polos seus erros diplomáticos, coma un suposto complot para asasinar a Gamal Abdel Nasser, presidente de Exipto. Todo isto, unido á súa afición pola bebida (algo prohíbido polo Islam) contribuiu á súa caída.

Foi deposto en 1964 por un golpe familiar, co apoio da ulema, e reemprazado polo seu medio-irmán Faysal. Saud exiliouse en Xenebra, Suíza. En 1966 foi invitado a vivir en Exipto polo presidente Nasser.

Morreu en Atenas, Grecia o 23 de febreiro de 1969.

Precedido por:

Abdul Aziz Al-Saud

Reis de Arabia Saudí
e
Lideres da Casa de Saud
Sucedido por:

Faysal bin Abdelaziz Al Saud

Ver Tamén[editar | editar a fonte]