Abdolhassan Banisadr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abdolhassan Banisadr

Abdolhassan Banisadr, nado o 22 de marzo de 1933 en Hamedan, é un político iraní, primeiro presidente da república elixido tras a revolución islámica de 1979.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi membro do movemento estudantil oposto ao goberno do Xa de Irán. Estivo en prisión dúas veces, en 1963 exiliouse en Francia e participou no grupo da resistencia dirixido polo Ayatollah Khomeini e retornou ao tempo ca el a Irán. Foi viceministro de economía, actuou brevemente como ministro de asuntos exteriores e foi o ministro de economía de 1979 a 1980.

Destituído polo Ayatollah Khomeini o 21 de xuño de 1981, para evitar ser asasinado fuxiu do país coa maior parte dos seus colaboradores, refuxiándose en Francia.