A. Loudon Snowden

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArchibald Loudon Snowden
Nome orixinal(en) A. Loudon Snowden Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1835
Cumberland.
Pensilvania.
Morte7 de setembro de 1912 (77 anos)
Filadelfia.
Pensilvania.
Lugar de sepulturaCemiterio Laurel Hill. 
United States Ambassador to Romania (en) Traducir
Embaixador dos Estados Unidos em Espanha (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónWashington & Jefferson College.
Actividade
OcupaciónPolítico, embaixador e alto funcionario.
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Robinson Smith
FillosCaroline Smith Snowden Editar o valor em Wikidata
PaisIsaac Wayne Snowden Editar o valor em Wikidata  e Margaret Bines Loudon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura

WikiTree: Snowden-539
Notes
Superintendente da Ceca de Filadelfia
(1879-1885)
Embaixador en Serbia, Romanía e Grecia
(1889-1892)
Embaixador en España
(1892-1893)


Archibald Loudon Snowden, nado no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835 e finado en Filadelfia, Pensilvania, o 7 de setembro de 1912, foi un político e diplomático estadounidense da segunda metade do século XIX, embaixador dos Estados Unidos en varios países europeos e superintendente da Casa da Moeda de Filadelfia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Snowden naceu no condado de Cumberland, Pensilvania, o 11 de agosto de 1835,[1] fillo de Margery Bines Louden e de Isaac Wayne Snowden, un cirurxián do exército estadounidense que serviu na primeira guerra seminoles ás ordes do xeneral Jackson, e foi ferido en Fort Scott, Xeorxia.[2][3]

O seu tío, James Ross Snowden, foi director da Casa da Moeda dos Estados Unidos.[4][5]

Snowden graduouse no Jefferson College en 1856.[2]

Antes da guerra civil[editar | editar a fonte]

Logo da súa graduación, foi nomeado rexistrador da Casa da Moeda dos Estados Unidos o 7 de maio de 1857.[6] Politicamente, Snowden foi demócrata ata 1860, cando se pasou ao Partido Republicano por considerar que a política dos demócratas era prexudicial para os intereses manufactureiros do país.[7]

Tras o estoupido da guerra civil estadounidense en 1861, Snowden colaborou na formación dun rexemento voluntario de infantaría de Pensilvania e foi nomeado tenente coronel. Posteriormente foi elixido capitán da primeira tropa da cidade de Filadelfia.[2][8]

Foi elixido membro da Sociedade Filosófica Americana en 1873.[9]

Despois da guerra[editar | editar a fonte]

Snowden pasou a ocupar o posto de cuñador xefe da Ceca de Filadelfia o 1 de outubro de 1866, e de 1877 a 1879 foi tamén administrador de correos de Filadelfia.[6] Entre 1879 e 1885 foi ascendido a superintendente da Ceca de Filadelfia,[10] nomeado como tal polo presidente Ulysses S. Grant.[2] En 1878, rexeitou en dúas ocasións o cargo de director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, ofrecido polo presidente Rutherford B. Hayes.[11]

Snowden realizou melloras e diversas innovacións relacionadas coa maquinaria de cuñaxe de moeda, e escribiu artigos sobre temas relacionados coa produción de moeda, sobre o gran selo dos Estados Unidos e sobre outros temas.[5] Estivo tamén relacionado cos ferrocarrís, coas compañías de seguros e con outros intereses empresariais.[6]

En 1889, Snowden sucedeu a Walker Fearn e foi simultaneamente embaixador dos Estados Unidos en Grecia, en Romanía e en Serbia, ata 1892. Do 22 de xullo de 1892 ao 3 de xuño de 1893, foi enviado extraordinario e ministro plenipotenciario en España.[12]

Derradeiros anos[editar | editar a fonte]

Snowden foi presidente da Comisión do Parque Fairmount. En 1903 foi acusado, xunto co senador estatal Charles A. Porter, o contratista C. Kennedy Crossan e Ludwig S. Filbert, de obter beneficios fraudulentos a través da Danville Bessemer Company.[13]

Snowden finou o 7 de setembro de 1912 en Filadelfia, como consecuencia dunha doenza de nove meses.[1] O seu corpo soterrouse no cemiterio Laurel Hill.[14]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

O 16 de febreiro de 1864, Snowden casou con Elizabeth Robinson Smith (1841-1910), con quen tivo dúas fillas e dous fillos: Caroline Smith Snowden (1865-1960), Mary Buchanan Snowden (nada en 1866), Charles Randolph Snowden (1871-1913) e Archibald Loudon Snowden (1878-1878).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Col. A. L. Snowden dead. Ex-minister to Spain expires after a long illness". En The New York Times. 7 de setembro de 1912.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mc Cormick, L. J. (1896). Family Record and Biography. Chicago.
  3. Sons of the Revolution. Pennsylvania Society (1898). Decennial Register of the Pennsylvania Society of Sons of the Revolution: 1888-1898. F. B. Lippincott. Páxina 418.
  4. "James Ross Snowden. Director of the Mint". En Failor, K. M.; Hayden, E. (1969). Medals of the United States Mint. US Government Printing Office. Páxinas 132-133.
  5. 5,0 5,1 Smith, A. M. (1881). Coins and Coinage: The United States Mint, Philadelphia, History, Biography, Statistics, Work, Machinery, Products, Officials ... A.M. Smith, Filadelfia. 4ª ed. Páxinas 48-54.
  6. 6,0 6,1 6,2 Wilson, J. G.; Fiske, J., eds. (1900). "Snowden, James Ross" . En Appletons' Cyclopædia of American Biography. D. Appleton, Nova York.
  7. Morris, C. (1896). Men of the Century, an Historical Work: Giving Portraits and Sketches of Eminent Citizens of the United States. L. R. Hamersly & Company, Filadelfia. Páxina 73.
  8. Seymour, J. (2008). First Troop Philadelphia City Cavalry. Arcadia Publishing. Páxina 94. ISBN 9780738557670
  9. "American Philosophical Society Member History: Nº 29". Amphilsoc.org
  10. Forrer, L. (1912). "Snowden,  Col. A.  Loudon". En Biographical dictionary of medallists. Vol. 5. Páxina 560.
  11. "Dr. Linderman's successor, Col. A. L. Snowden declines the position - Mr. Preston wants the office". En The New York Times. 5 de febreiro de 1879.
  12. "Archibald Loudon Snowden (1837–1912)". Office of the Historian (history.state.gov).
  13. "Col. Snowden. A defendant. Suit to recover $325,000 in connection with Danville Bessemer Company". En The New York Times. 5 de decembro de 1903
  14. "Archibald Loudon Snowden". Findagrave.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]