Álvaro Paradela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Paradela
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1911 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de decembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Narón Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Álvaro Daniel Paradela Criado, nado na Coruña o 24 de marzo de 1911 e finado en Narón o 13 de decembro de 1979, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1932. Nos seus anos de universitario tivo contactos co anarquismo, afiliouse á CNT e foi o secretario do Sindicato de Sanidad de Santiago. Fixo a tese de doutoramento baixo a dirección de Gregorio Marañón, ao tempo que obtiña o título de profesor de Educación Física. Dende decembro de 1934 exerceu a medicina na Coruña. En 1935 colaborou coa Escola Racionalista de Ferrol. Tamén participou como conferenciante no Centro de Estudios Sociales Germinal da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi alistado e combateu no exército franquista, librando de ser paseado grazas á súa madriña.

Despois da Guerra Civil participou en distintas iniciativas xornalísticas en Ferrol e Coruña, co pseudónimo Amaro Orzán. De 1957 a 1960 traballou de médico rural en Curtis, onde foi cronista oficial. Colaborou en La Voz de Galicia con artigos, reportaxes e denuncias que lle supuxeron a apertura dun expediente, aínda que sen consecuencias. Despois foi médico en Narón, onde creou o topónimo “Ferrolterra” e delimitou o seu territorio. Nesa etapa publicou os Cuadernos de Amaro Orzán, traballos literarios autoeditados que regalaba ao seus amigos. Colaborou en La Voz de Ortigueira, La Noche, ABC, Heraldo de Vivero, Ferrol Diario e La Región, e nas revistas Grial, Poesía Española, Poesía Hispánica Andarán, Arcao e Bahía.

Obras[editar | editar a fonte]

  • La rosa que canta, 1958.
  • Sabencias, 1969.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Ángel Baltar Cortés (1958), por un traballo sobre a novela galega.
  • Premio Pérez Lugín, de xornalismo, polo artigo "Cheira a pan".
  • Premio O Facho, de contos infantís, por Raiosol.
  • Premio Fernández Latorre (1962) co artigo "La vida y sus ramas. Un ciudadano en el campo".

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ten unha praza dedicada en Narón. En 1994 a Sociedade Artística Ferrolá creou o Premio de Narracións Curtas Álvaro Paradela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]