Heraldo de Vivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraldo de Vivero
Fundación17 de febreiro de 1912
Lingualingua castelá e lingua galega
LocalidadeViveiro e Lugo
Na rede
Galiciana: 584231
editar datos en Wikidata ]

Heraldo de Vivero é unha publicación periódica que se edita en Viveiro dende 1912.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O seu primeiro número apareceu o 17 de febreiro de 1912 editado polo liberal Benigno López Muñoz. Estaba dirixido por Pedro Pérez Barreiro, que finou en 1912, sucedeuno Esteban Fernández Temprano e despois Antonio Vale, continuou Francisco García ata 1923, cando Benigno López lle traspasou a Ramón Canosa a responsabilidade de dirixir e imprentar o periódico. A finais dos anos vinte foi director Salvador Pérez-Labarta Pillado. Por mor da Guerra Civil española tivo que deixar de publicarse en 1937, volveu saír brevemente de 1963 a 1966. En 1966 unha aplicación estrita da Lei Fraga obrigou a pechar o periódico durante un ano. En 1968 dirixido por Xosé Trapero Pardo volveu á rúa con periodicidade semanal. O seu actual director é Juan Carlos Neira Brochs, fillo de Luis Neira, que foi impresor, redactor e director durante décadas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]