Saltar ao contido

Óscar Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaÓscar Romero

(1978) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Óscar Arnulfo Romero Galdámez Editar o valor en Wikidata
15 de agosto de 1918 Editar o valor en Wikidata
Ciudad Barrios, O Salvador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor en Wikidata
Roman Catholic Archbishop of San Salvador (en) Traducir
3 de febreiro de 1977 – 24 de marzo de 1980
← Luis Chávez y GonzálezArturo Rivera y Damas (en) Traducir →

Nomeado por: Paulo VI, papa
Roman Catholic Bishop of Santiago de María (en) Traducir
15 de outubro de 1974 – 3 de febreiro de 1977
← Francisco José Castro y RamírezArturo Rivera y Damas (en) Traducir →

Nomeado por: Paulo VI, papa
Bispo auxiliar
25 de abril de 1970 – 15 de outubro de 1974
Bispo titular
5 de abril de 1970 – 15 de outubro de 1974
← Francisco Raval Cruces (pt) TraducirAngélico Sândalo Bernardino (pt) Traducir →
Diocese: Tambeae titular see (en) Traducir

Nomeado por: Girolamo Prigione
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1942–) Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónGirolamo Prigione Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa24 de marzo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX993542 Find a Grave: 11419 Editar o valor en Wikidata
Placa do Monumento a Monseñor Romero en San Salvador.

San Óscar Arnulfo Romero y Galdámez, máis coñecido como Monseñor Romero, nado en Ciudad Barrios o 15 de agosto de 1917 e finado en San Salvador o 24 de marzo de 1980, foi un relixioso salvadoreño, arcebispo metropolitano de San Salvador.

Monseñor Óscar Romero [pastel _ papel]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realizou estudos na Universidade Gregoriana de Roma, alí foi alumno de Giovanni Batista Montini (o futuro Paulo VI). Tras servir como párroco, foi nomeado secretario da conferencia episcopal do Salvador en 1968. Dous anos despois foi designado bispo auxiliar de San Salvador. En 1974, foi nomeado bispo do diocese de Santa María no departamento de Usulután. Finalmente, o 3 de febreiro de 1977 foi nomeado arcebispo de San Salvador.

Este nomeamento ocorreu nun contexto de cruento conflito civil exacerbado polas sospeitas de pucheirazo nas eleccións do 26 de febreiro das que saíu vencedor Carlos Humberto Romero da Coalición Nacional, que viña ocupando o poder dende 1962. Sacerdotes membros do clero arquidiocesano que viñan denunciando os atropelos dos dereitos humanos foron arrestados e expulsados do país (Bernard Sulvill, Willibrod Denaux...) así como o tamén sacerdote o colombiano Mario Bernal.

O mesmo día da toma de posesión de Monseñor Romero o goberno negaba a entrada no país a varios relixiosos (Benigno Fernández e Juan Ramón Vega). A compañía de Xesús, da que era membro sobranceiro Ignacio Ellacuría, era acusada de conivencia revolucionaria e antipatriotismo.

O 5 de marzo, unha asemblea especial de bispos nomeaba a Óscar Romero vicepresidente da conferencia episcopal e preparaba un comunicado denunciando a violación dos dereitos humanos e a persecución da Igrexa. A resposta non se fixo esperar: o 12 de marzo o sacerdote amigo persoal de Óscar Romero e comprometido coa organización dos campesiños, Rutilio Grande, foi asasinado na cidade de Aguilares xunto a dous labregos. O acabado de nomear arcebispo ordenou a celebración dunha única misa como manifestación multitudinaria de protesta contra o crime.

Óscar Romero empezou a denunciar publicamente nas homilías os crimes da organización dereitista dos escuadróns da morte, as prácticas represivas das forzas de seguridade e a política do goberno militar. Reclamaba reformas xustas en beneficio do campesiñado e dos indíxenas e pedía que se investigaran as desaparicións e as mortes.

O Domingo 23 de marzo pedía aos membros do exército e da Guardia Nacional que deixaran de matar, nun discurso que ao tempo que denunciaba directamente as matanzas dos campesiños por parte das forzas armadas, ordenaba en nome da Lei de Deus que se desobedeceran ás ordes de represión e morte.

Ao día seguinte era asasinado mentres celebraba misa dun tiro no corazón.

En 1993, a comisión creada como consecuencia dos Acordos de Paz de Chapultepec concluíu que o asasinato fora planeado por sectores civís, militares e empresariais da dereita salvadoreña.

A arquidiocese do Salvador solicitou permiso para iniciar os trámites de canonización. Tras o exame e aprobación do expediente realizado pola Congregación da Doutrina de Fe, presidida polo cardeal Joseph Ratzinger, o proceso segue o seu curso. O 14 de outubro de 2018 foi canonizado polo papa Francisco.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Doutor honoris causa pola Universidade de Lovaina (Bélxica)
  • Doutor honoris causa pola Universidade de Georgetown (Estados Unidos) Premio Paz de la acción ménica sueca
  • Fillo meritísimo post mortem da Asemblea Lexislativa da República do Salvador.
  1. Verdú, Daniel (14-10-2018). "El Papa proclama santos al obispo salvadoreño Óscar Romero y a Pablo VI". elpais.com. Consultado o 15-10-2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]