Árbol, Vilalba
Árbol | |
---|---|
Igrexa parroquial. | |
Concello | Vilalba[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°17′23″N 7°32′30″O / 43.28972222, -7.54166667 |
Poboación | 410 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 31[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Lourenzo de Árbol é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 410 habitantes (185 homes e 225 mulleres), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 693 habitantes.
O Santo, encrucillada estratéxica de estradas, é o segundo núcleo urbano do concello.
Historia
[editar | editar a fonte]No Arquivo Diocesano de Mondoñedo consérvase a acta da visita pastoral ao Couto de Árbol realizada en 1614 por Benito Méndez de Andrade. Nese documento márcase a poboación do Couto de Árbol en 97 vasalos e cóntase que a ermida, dedicada a Santo Estevo, estaba a ser reedificada grazas ás esmolas deixadas polos homes e mulleres que cada venres acudían a feira que se celebraba nas súas inmediacións.
No Catastro de Ensenada descríbese[3] a parroquia de Árbol dividida en dous territorios: o maior ocupaba arredor de catro quintas partes e achábase baixo a xurisdición do condado de Vilalba; o menor ocupaba só a quinta parte restante e formaba o Couto de Árbol, pertencente á antiga provincia de Betanzos e baixo a xurisdición do deán e do cabido da catedral de Santiago de Compostela. Estes nomeaban como administrador directo un xuíz. No momento da realización do Catastro cítase nese cargo a Francisco de Leiras.
Demografía
[editar | editar a fonte]Gráfica de evolución demográfica de Árbol entre 2000 e 2020 |
Datos segundo o IGE.[2] |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista frontal da igrexa.
-
Detalle da porta da igrexa.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Árbol
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Árbol no concello de Vilalba (Lugo) | |
---|---|
O Barreiro | Carregal de Abaixo | Carregal de Arriba | Os Castros | Caxigueira| O Couto | Os Currás | Embendo | Espiñarido | Espiñeiro | Fieitosa | O Fondal | Fondomar | Fontela | A Fraga Alta | Gardado | Gomenlle | A Lama | Lamas | A Lamela | O Monte do Couto | Morcelle | Moscarán | As Paredes | Pegos | Picoi | Ramonde | Rañal | Regovide | O Santo | Ximarás |
Parroquias de Vilalba
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ 2,0 2,1 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "MINISTERIO DE CULTURA Y DEPORTE - Portal de Archivos Españoles". pares.mcu.es. Consultado o 2022-08-13.