Zhang Ziyi
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de febreiro de 1979 Pequín |
| Educación | Central Academy of Drama (en) Beijing Dance Academy (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema, directora de cinema, actriz de teatro, bailarina, modelo, música |
| Período de actividade | 1996 |
| Partido político | China Zhi Gong Party (en) |
| Xénero artístico | Drama e Wuxia |
| Familia | |
| Cónxuxe | Wang Feng (2015–) |
| Premios | |
| |
Ziyi Zhang (chinés: 章子怡; pinyin: Zhāng Zǐyí), nada en Pequín o 9 de febreiro de 1979, é unha actriz de cine chinesa. É unha das actrices do seu país con máis éxito internacional. Ten traballado con directores como Zhang Yimou, Ang Lee, Wong Kar-Wai, Seijun Suzuki e Rob Marshall.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla dun economista e dunha mestra, os cales a inscriben a curta idade na escola de danza. Ziyi Zhang comeza a facerse notar ó gañar un concurso de danza nacional ós 15 anos. É entón cando o director Zhang Yimou a contrata para o filme O camiño a casa (Wo de fu qin mu qin), acerca dunha estudante que se namora do seu mestre. A forza da súa actuación agrada ós xornais do seu país, e menos de tres meses despois é chamada a protagonizar Wò hǔ cáng lóng, aclamada pola crítica internacional, ovacionada no Festival de Cannes e que se converte no filme estranxeiro con máis éxito de público da historia dos Estados Unidos. Dende entón a súa figura faise máis notable e é contratada para a súa primeira longametraxe estadounidense Hora punta 2, xunto ó exitoso Jackie Chan. Lamentablemente, a baixa calidade deste filme e a súa pouca aceptación afástana momentaneamente de Hollywood. En 2004 protagoniza A casa das dagas voadoras, que lle valeu un nomeamento á mellor actriz nos premios BAFTA e de novo o recoñecemento internacional, polo que é chamada por Steven Spielberg para protagonizar xunto a Ken Watanabe a súa produción Memorias dunha gueixa, filme polo cal obtén o seu primeiro nomeamento ó Globo de Ouro.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | BAFTA á mellor actriz | Memorias dunha gueixa | Candidata |
| 2000 | BAFTA á mellor actriz secundaria | Wò hǔ cáng lóng | Candidata |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | Globo de Ouro á mellor actriz - Drama | Memorias dunha gueixa | Candidata |
| Ano | Categoría | Filme | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | Mellor Actriz - Drama | Memorias dunha gueixa | Candidata |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zhang Ziyi |