A casa das dagas voadoras
| A casa das dagas voadoras | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
A casa das dagas voadoras (en chinés: 十面埋伏, pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou. Estreouse en galego na TVG o 19 de setembro de 2008.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Corre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orde de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Andy Lau como Capitán Leo
- Zhang Ziyi como Mei
- Takeshi Kaneshiro como Capitán Jin
- Song Dandan como Yee
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding).
- 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa.
- 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais.
- 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A casa das dagas voadoras en galego". DiarioSigloXXI. 19 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A casa das dagas voadoras na IMDb (en inglés).