Tsui Hark
Tsui Hark | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1951 e 15 de febreiro de 1950 |
Lugar de nacemento | Cidade Ho Chi Minh e Saigon |
Nacionalidade | República Popular da China e Vietnam |
Alma máter | Universidade de Texas en Austin |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, actor, actor de cinema e actor de televisión |
Cónxuxe | Nansun Shi |
Premios | Prêmio Cinematográfico de Hong Kong para Melhor Diretor e Golden Horse Award for Best Director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tsui Hark (徐克 | cantonés: Chui Hak | mandarín: Xú Kè ), nado en Vietnam o 15 de febreiro de 1950, é un produtor, guionista e director chinés.
Biografía[editar | editar a fonte]
En 1966, aos dezaseis anos Tsui Man Kong (徐文光) trasladouse a Hong Kong para completar a súa educación secundaria, e posteriormente a Texas (Estados Unidos) a estudar cinematografía. En Nova York traballou como editor dun periódico local e director de documentais para televisión. Con esta experiencia volveu a Hong Kong para traballar como produtor e director televisivo, destacando na serie de TV de 1978 Gold Dagger Romance, baseada na novela de Ku Lung. Ao ano seguinte debutou como director cinematográfico con The Butterfly Murders. O seu primeiro éxito internacional foi Zu, guerreiros da montaña máxica (1983), que lle proporcionará o apoio necesario para fundar xunto coa súa esposa Nanshun Shi a súa propia compañía produtora, Film Workshop, para financiar as súas propias películas e proxectos doutros directores como John Woo ou Tony Ching, que terán un grande éxito comercial. Sempre atraído polo xénero fantástico, en 1986 creou o seu propio estudio de efectos visuais, Cinefex Workshop. En 1991 obtivo o Hong Kong Film Award ao mellor director por Era unha vez en China, que xerará varias secuelas e unha serie de TV até 1996; en 2000 foi galardoada no Festival de Venecia O tempo non espera e en 2006 a Asociación de Críticos de Cine de Hong Kong premiou Sete espadas como película de mérito.