ZMapp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esquema de como se obteñen anticorpos monoclonais a partir de hibridomas. Para producir o ZMapp os xenes que codifican os anticorpos son extraídos dos hibridomas de rato, transformados por enxeñaría xenética para substituír os compoñentes específicos de ratos por compoñentes humanos, e despois transfectados a plantas de tabaco.[1]

O ZMapp é un medicamento biofarmacéutico experimental que contén tres anticorpos monoclonais humanizados e que está na súa fase de desenvolvemento como tratamento para a enfermidade do virus Ébola. Foi probado por primeira vez en humanos durante a epidemia de ébola de 2014, e considérase que foi útil para salvar vidas, aínda que non foi sometido aínda a ensaios clínicos aleatorios estándar para probar a súa seguridade e eficacia.

Mecanismo de acción[editar | editar a fonte]

Igual que as terapias de inmunoglobilinas intravenosas, o ZMapp contén anticorpos neutralizantes[2] que proporcionan unha inmunidade pasiva contra o virus ao reaccionaren directa e especificamente con el segundo o "modelo de chave e pechadura".[3]

Investigación e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Investigadores ollando diapositivas de cultivos de células que producen anticorpos monoclonais.

O fármaco ZMapp estao a desenvolver a compañía Leaf Biopharmaceutical Inc. de San Diego.[4][5] O ZMapp está composto por tres anticorpos monoclonais (mAbs) que foron humanizados por enxeñaría xenética.[6] Os seus compoñentes son os anticorpos monoclonais humanizados c13C6 procedentes dun cóctel preexistente de anticorpos chamado "MB-003", e dous mAbs humanizados doutro cóctel diferente, o "ZMab", que se denominan c2G4 e c4G7.[7]

O MB-003 foi creado por Mapp Biopharmaceutical Inc., de San Diego, que foi financiada polas axencias gobernamentais estadounidenses como o Instituto Nacional de Alerxias e Doenzas Infecciosas, a Autoridade de Desenvolvemento e Investigación Avanzada Biomédica, e a Axencia de Redución de Ameazas de Defensa.[1][8] Os métodos de produción utilizados para fabricar o ZMapp foron financiados pola Axencia de Proxectos de Investigación Avanzada de Defensa (DARPA).[9]

O Zmab creouno a compañía de biodefensa Defyrus de Toronto, financiada pola Axencia de Saúde Pública de Canadá.[10] A identificación dos compoñentes óptimos procedentes do MB-003 e ZMab levouna a cabo o Laboratorio de Microbioloxía Nacional da Axencia de Saúde Pública de Canadá con sede en Winnipeg.[11]

Leaf Bio deu as licenzas dos cócteles preexistentes e colaborou coas compañías Mapp Biopharmaceutical e Defyrus para crear o ZMapp, o cal foi comercializado por Leaf Bio.[4] Mapp Biopharmaceutical segue implicada na produción do fármaco a través dos seus contratos con Kentucky BioProcessing, unha compañía filial de Reynolds American.[1]

MB-003[editar | editar a fonte]

O MB-003 é un cóctel de tres anticorpos monoclonais humanos ou quiméricos humano-rato chamados c13C6, h13F6 e c6D8.[7] Un estudo publicado en 2012 atopou que os macacos Rhesus infectados co virus Ébola (EBOV) sobrevivían se recibían o MB-003 (a mestura dos tres anticorpos monoclonais quiméricos) unha hora despois da infección. Cando foron tratados 24 ou 48 horas despois da infección, sobreviviron catro dun total de seis animais e mostraban pouca ou ningunha viremia e síntomas clínicos.[12]

ZMAb[editar | editar a fonte]

O ZMab é un cóctel de tres anticorpos monoclonais de rato chamados m1H3, m2G4 e m4G7.[7] Un estudo publicado en 2013 atopou que os macacos infectados polo EBOV sobreviviron despois de que se lles administrase unha terapia cunha combinación de tres anticorpos monoclonais específicos para EBOV-GP (é dicir, para glicoproteínas de superficie do EBOV) (o ZMAb) 24 horas despois da infección. Os autores concluíron que o tratamento post-exposición e unha segunda exposición con dose letal despois de entre 10 e 13 semanas orixinaba unha resposta inmunitaria robusta.[13]

ZMapp[editar | editar a fonte]

Un documento publicado en 2014 describiu como a Mapp Biopharmaceutical e os seus colaboradores na Axencia de Saúde Pública de Canadá, Kentucky BioProcessing, e o Intituto Nacional de Alerxias e Doenzas Infecciosas de EUA primieramente humanizaron os tres anticorpos contidos no ZMab, despois probaron as combinacións de MB-003 e os anticorpos humanizados ZMAb en cobaias e seguidamente en primates para determinar a mellor combinación, a cal resultou ser unha mestura de c13C6 procedente do MB-003 cos anticorpos monoclonais humanizados c2G4 e c4GT procedentes de ZMab. Dita combinación é o ZMapp.[7]

Nun experimento publicado en 2014, infectáronse 21 macacos Rhesus coa variante Kikwit congolesa do EBOV. A tres primates de control déuselle un anticorpo non funcional, e a outros 18 aplicóuselle o tratamento dividíndoos en tres grupos de seis. Todos os primates en tratamento recibiron tres doses de ZMapp, espazadas 3 días. O primeiro grupo de tratamento recibiu a súa primeira dose o terceiro día despois de ser infectado; o segundo grupo o cuarto día despois da infección, e o terceiro grupo o quinto día. Os tres primates do grupo de control morreron todos; pero todos os 18 primates en tratamento sobreviviron.[7] A investigación continuou demostrando que o ZMapp inhibe a replicación da cepa guineana do EBOV en cultivos celulares.[14]

Produción[editar | editar a fonte]

Para crear un sistema que produza os anticorpos monoclonais humanizados a escala comercial, a compañía Mapp utilizou un proceso chamado "Plataforma de Fabricación de Anticorpos Rápida" ("Rapid Antibody Manufacturing Platform", RAMP), usando vectores virais magnICON (de ICON Genetics). Nun proceso rápido e escalable chamado "magnifección,"[15] inféctanse plantas de tabaco co virus, utilizando cultivos da bacteria Agrobacterium.[1][12][16] Seguidamente, extráense os anticorpos producidos polas plantas e puirifícanse. Unha vez que se dispón dos xenes que codifican os anticorpos monoclonais humanizados, o ciclo de produción completo na planta do tabaco estímase que leva poucos meses.[17]

A planta de tabaco da especie Nicotiana benthamiana inxectada cunha xiringa.

O ZMapp fabrícase na planta de tabaco da especie Nicotiana benthamiana nun proceso de bioprodución que a compañía Kentucky BioProcessing (filial de Reynolds American) chama "pharming" .[1][18]

Uso en humanos[editar | editar a fonte]

En EUA, para demostrar a seguridade razoable dun fármaco pode utilizarse a Regra de eficacia animal da FDA, xeralmente en combinación cun ensaio clínico en fase I, ou ben para obter permiso para tratar urxentemente a xente doente con fármacos que están baixo o programa de acceso expandido da FDA. A existencia da Regra de eficacia animal débese a que a vía normal para probar a seguiridade e eficacia dun fármaco non é posible de realizar en doenzas causadas por patóxenos ou toxinas perigosos.[17][19] A FDA permitiu que dous fármacos, o ZMapp e un fármaco que usa a interferencia de ARN chamado "TKM-Ebola", se utilicen en cidadáns americanos que sofren a enfermidade do virus Ébola baixo ditos programas.[20] Outros países teñen programas similares para permitir un acceso temperán a través de programas para pacientes concretos.

Tratamentos individuais[editar | editar a fonte]

En 2014 administrouse o fármaco a dous traballadores sanitarios infectados polo virus Ébola da organización humanitaria evanxélica Samaritan's Purse que traballaban en Liberia, baixo o programa de acceso expandido.[17] Naquel momento só había en existencia unhas poucas doses de ZMapp.[17] Ambos os traballadores recibiron o fármaco e foron transportados a EUA, onde se recuperaron e foron dados de alta do hospital.[21][22][23]

Un médico/relixioso expañol de 75 anos que tamén fora infectado en Liberia recibiu igualmente o ZMapp en coorperación coas autoridades sanitarias españolas, pero morreu no hospital poucos días despois de ser repatriado a Madrid.[24][25]

Tamén foron tratados tres cidadáns liberianos que padecían a enfermidade, un dos cales morreu.[26][27]

Unha enfermeira británica que se contaxiou co virus Ébola mentres traballaba en Serra Leoa, foi transportada a Reino Unido e tratada con ZMapp, e conseguiu recuperarse.[28][29] Todos os casos mencionados ocorreron en agosto de 2014.

Ademais destes tratamentos con ZMapp, unha traballadora norueguesa colaboradora de Médicos Sen Fronteiras en Serra Leoa que contraera o ébola foi tratada en outubro de 2014 en Oslo con ZMAb (ver máis arriba), o cal contén dous dos tres anticorpos activos que ten o ZMapp.[30][31]

A compañía Mapp anunciou o 11 de agosto de 2014 que se esgotaran as súas existencias de ZMapp.[32] Posteriormente, a produción de novas doses do medicamento mellorado, permitiu envialo a outros países, por exemplo para a súa prevista administración á enfermeira galega contaxiada ao coidar os relixiosos españois repatriados a Madrid.[33]

Seguridade[editar | editar a fonte]

O ZMapp non foi aínda probado en ensaios clínicos para apoiar o seu uso xeneralizado en humanos.[34] Á vista do desenvolvemento do brote epidémico de ébola de 2014, un panel de expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) anunciou o 12 de agosto de 2014 que "Nas particulares cuircunstancias deste brote, e con tal que se cumpran certas condicións, o panel chegou ao consenso de que é ético ofrecer intervencións non probadas con eficacia e efectos adversos aínda descoñecidos, como un tratamento potencial ou prevención."[35][36]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 David Kroll for Forbes. August 5, 2014 Ebola 'Secret Serum': Small Biopharma, The Army, And Big Tobacco
  2. "Ebola 'cocktail' developed at Canadian and U.S. labs". CBC News. 2014-08-05. 
  3. Keller MA, Stiehm ER (October 2000). "Passive immunity in prevention and treatment of infectious diseases". Clin. Microbiol. Rev. 13 (4): 602–14. PMC 88952. PMID 11023960. doi:10.1128/CMR.13.4.602-614.2000. 
  4. 4,0 4,1 "LeafBio". Consultado o August 12, 2014. 
  5. Defyrus Press Release. July 15, 2014 Monoclonal Antibody-based Filovirus Therapeutic Licensed to Leaf Biopharmaceutical Arquivado 31 de outubro de 2014 en Wayback Machine.
  6. Pollack, Andrew (29 August 2014). "Experimental Drug Would Help Fight Ebola if Supply Increases, Study Finds". The New York Times (USA: The New York Times Company). Consultado o 1 September 2014. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Qiu X, Wong G, Audet J; et al. (August 2014). "Reversion of advanced Ebola virus disease in nonhuman primates with ZMapp". Nature. PMID 25171469. doi:10.1038/nature13777. 
  8. Centers for Disease Control and Prevention. Page last updated: August 29, 2014 Questions and Answers on Experimental Treatments and Vaccines for Ebola
  9. Brian Till for the New Republic. September 9, 2014 DARPA May Have a Way to Stop Ebola in Its Tracks
  10. Helen Branswell for The Canadian Press. Aug. 5, 2014 Experimental Ebola drug based on research discoveries from Canada's national lab
  11. Helen Branswell for The Canadian Press August 29, 2014 Scientists at Canada’s National Lab created, tested Ebola drug ZMapp
  12. 12,0 12,1 Olinger GG, Pettitt J, Kim D; et al. (October 2012). "Delayed treatment of Ebola virus infection with plant-derived monoclonal antibodies provides protection in rhesus macaques". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 109 (44): 18030–5. PMC 3497800. PMID 23071322. doi:10.1073/pnas.1213709109. 
  13. Qiu X, Audet J, Wong G; et al. (2013). "Sustained protection against Ebola virus infection following treatment of infected nonhuman primates with ZMAb". Sci Rep 3: 3365. PMC 3842534. PMID 24284388. doi:10.1038/srep03365. 
  14. Geisbert TW (August 2014). "Medical research: Ebola therapy protects severely ill monkeys". Nature. PMID 25171470. doi:10.1038/nature13746. 
  15. "Magnifection – mass-producing drugs in record time". National Geographic. Consultado o 11 September 2014. 
  16. Giritch A, Marillonnet S, Engler C; et al. (October 2006). "Rapid high-yield expression of full-size IgG antibodies in plants coinfected with noncompeting viral vectors". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 103 (40): 14701–6. PMC 1566189. PMID 16973752. doi:10.1073/pnas.0606631103. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 "In Ebola Outbreak, Who Should Get Experimental Drug?". The New York Times. August 8, 2014. 
  18. Fran Daniel for the Winston-Salem Journal. August 12, 2014 Ebola drug provided for two Americans by Reynolds American subsidiary
  19. Alexander Gaffney for Regulatory Affairs Professionals Society News. August 7, 2014. Regulatory Explainer: What You Need to Know About the Regulation of Ebola Treatments
  20. Pollack, Andrew (August 7, 2014) Second Drug Is Allowed for Treatment of Ebola The New York Times, Retrieved August 8, 2014
  21. "Ebola patient got experimental serum, missionary group says". Los Angeles Times. August 3, 2014. 
  22. "American doctor treated for Ebola released from hospital". Reuters. 21 de agosto de 2014. 
  23. "Can you really recover from Ebola?". The Telegraph. 22 de agosto de 2104. 
  24. "Aterriza en Torrejón de Ardoz el avión medicalizado con el sacerdote infectado de ébola", artigo en ABC, 6 de agosto de 2014 (en castelán).
  25. "Las cenizas del misionero muerto por ébola serán enterradas el miércoles", artigo en ABC, 12 de agosto de 2014 (en castelán).
  26. "Liberia gets Ebola drug; ponders who should get it". MSN. August 15, 2014. 
  27. "Ebola kills Liberia doctor despite ZMapp treatment". BBC. 25 de agosto de 2014. 
  28. "UK Ebola patient gets experimental drug". BBC News, Health. August 26, 2014. Consultado o August 26, 2014. 
  29. Dassanayake, Dion (1 de setembro de 2014). "First British Ebola victim recovering 'pretty well' after being given experimental drug". Express (UK). Consultado o 11-9-2014. 
  30. "Ebola virus victim arrives in Norway by special jet". Norway. 6 de outubro de 2014. Consultado o 8-10-2014. 
  31. "The Ebola Infected women will not get ZMapp". Norway. 8 October 2014. Arquivado dende o orixinal o 17-12-2014. Consultado o 8-10-2014. 
  32. "Ebola test drug’s supply ‘exhausted’ after shipments to Africa, U.S. company says". The Washington Post. 11 de agosto de 2014. 
  33. Europa Press - Teresa Romero será tratada con el fármaco ZMAPP, que ya ha llegado a España. (en castelán)
  34. "WHO panel says untested drugs are ethical as Ebola death toll tops 1,000". CNN. 12 de agosto de 2014. 
  35. "WHO Experts Give Nod to Using Untested Ebola Drugs". 12 de agosto de 2014. 
  36. "WHO - Ethical considerations for use of unregistered interventions for Ebola virus disease". Consultado o 8 de outubro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]