Miguel Pajares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMiguel Pajares
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata
La Iglesuela del Tiétar, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de agosto de 2014 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Hospital Carlos III, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteÉbola Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCiempozuelos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLiberia (2007–2014) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónrelixioso , misioneiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaFundação São João de Deus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Miguel Pajares, nado en La Iglesuela (provincia de Toledo) en 1939[1] e finado en Madrid o 12 de agosto de 2014, foi un relixioso e misioneiro español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro dunha familia de cinco irmáns.[2] Con 16 anos, en 1955, ingresou na Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus. En 1963 realizou a profesión solemne na súa orde.[1]

A súa primeira estancia en África foi na década de 1960, en Koforidua (Gana), onde pasou cinco anos. Tamén estivo destinado en Irlanda.[2] Dende 2007, Pajares vivía en Liberia, no Hospital San Xosé da súa orde, onde era director espiritual e responsable da pastoral cos enfermos.[3] Alí, durante a epidemia de ébola de 2014, contraíu dito virus ao tratar aos enfermos.

O 7 de agosto foi repatriado para ser tratado da doenza. Logo de días recibindo o ZMapp, Pajares finou o 12 de agosto de 2014, con 75 anos, converténdose no primeiro español falecido por ébola e na primeira vítima do ébola en Europa.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fraga, Enrique (setembro-outubro de 2014). Orde Hospitalaria de San Xoán de Deus, ed. "Miguel Pajares y Manuel García Viejo, ejemplos de entrega". Revista San Juan de Dios (574). ISSN 2254-111X. 
  2. 2,0 2,1 Cosculluela, Ferran (7 de agosto de 2014). "Una vida dedicada a ayudar". El Periódico de Aragón. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  3. Daniele, Laura (4 de agosto de 2014). "Miguel Pajares, una vida dedicada al servicio de los enfermos en Liberia". ABC. Consultado o 13 de outubro de 2014. 
  4. Álvarez, Pilar; Torres, Alejandra (12 de agosto de 2014). "Muere el sacerdote Miguel Pajares, el primer fallecido por ébola en Europa". El País.