Teresa Romero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Romero
Biografía
Nacemento(es) Teresa Romero Ramos Editar o valor em Wikidata
1970 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Becerreá, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Teresa Romero Ramos, nada en Becerreá en 1970, é unha enfermeira que se converteu na primeira paciente galega de ébola.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A enfermeira estaba destinada no Hospital Carlos III de Madrid cando foron internados nel dous pacientes españois, Miguel Pajares e Manuel García Viejo, ambos os dous cooperantes relixiosos en Liberia e Serra Leoa. Estes dous pacientes foron tratados por un mesmo equipo médico durante os meses de agosto e setembro de 2014, e faleceron no hospital ao non sobrevivir a enfermidade.

Catro días despois do falecemento de Manuel García Viejo, o 29 de setembro de 2014, Teresa Romero empezou a experimentar os primeiros síntomas da enfermidade con febre elevada. Foi tratada inicialmente nun centro de saúde de Alcorcón, no Hospital de Alcorcón e posteriormente no mesmo Hospital Carlos III, onde ingresou en illamento o 6 de outubro.

As probas que se lle practicaron demostraron que desenvolvera a enfermidade do ébola, co que se converteu no primeiro contaxio producido fóra das rexións onde a enfermidade é endémica. As vías de contaxio non foron determinadas, pero a hipótese asumida como máis probable é que se producise a través dunha luva que estivera en contacto cun dos pacientes, mentres se mudaba de roupa[1].

O seu contaxio foi seguido dunha ampla repercusión social en España. O seu home foi illado en corentena e o seu can sacrificado[2]. Despois de botar uns días ingresada e de practicárenselle distintos tratamento, logrou superar a enfermidade[3].

Foi nomeada Filla predilecta de Becerreá en decembro de 2015.

Notas[editar | editar a fonte]