Zíridas
Os zíridas[2] foron unha dinastía bérber orixinaria da Cabilia, unha rexión montañosa de Alxeria, que desde o século X gobernaron a rexión de Ifriquiya, primeiro como vasalos dos fatimís e, a partir de 1048 e até 1163, como emires independentes.
Clientes fatimís
[editar | editar a fonte]Cando os fatimís trasladaron a capital a O Cairo (Exipto) no 969, deixaron Ifriqiya a cargo dos zíridas, pertencentes á confederación bérber sinhaya, e nomearon como lugartenente (emir), de toda a parte occidental do Magreb, a Buluḳḳīn ibn Zīrī, co cal por primeira vez accede ao poder unha dinastía de orixe bérber.[3]
Nunha serie de campañas, trataron de facerse co control do Magreb central (Alxeria), ao que se opuxeron en xeral os bérberes da outra confederación principal, a zanata, que contaban co apoio do Goberno omeia cordobés.[4] Os zíridas tiveron dúas pólas que gobernaron, por unha banda, Ifriquiya e o Magreb e, por outra, Granada e Málaga.[5] Foron, ademais, hábiles guerreiros ao servizo dos califas fatimís e cordobeses.
Ao morrer Al-Mansur ibn Bulugguín no 996, dous dos tíos do novo emir Nàssir-ad-Dawla Badis ibn al-Mansur rebeláronse en Tremecén e sometéronse aos omeias cordobeses. Derrotados, pasaron á Península Ibérica cos seus seguidores.
No 1048, negáronse a continuar como vasalos dos fatimís, apoiando aos abbásidas e retornando ao dogma suní.[6] Os fatimís de Al-Mustansir non se puido opor militarmente por ter outros problemas pero mandou nómades árabes do Alto Exipto, os Banu Hilal e os Banu Suleimán, que devastaron todo o Magreb, o que provou a decadencia de toda a rexión.[6]
Capitais
[editar | editar a fonte]Reis zíridas en Al-Andalus
[editar | editar a fonte]Unha rama dos zíridas, fundada por Ziri Manade e encabezada polo seu principal descendente, Zawi ben Ziri, trasladouse a Al-Andalus para servir como mercenarios ás ordes do califa de Córdoba, Hisham II e do seu hayib Almanzor. Á morte deste, en Medinaceli, o 12 agosto de 1002 (25 de Ramadán de 392), desátase unha guerra civil en Al Andalus. Zawi toma parte nela como cabeza militar dun dos bandos e no 1011 arrasa Medina Azahara e en marzo de 1013 toma Córdoba e funda a Taifa de Granada, un reino independente musulmán que xurdiu no Al-Andalus por mor da desintegración do Califato de Córdoba, e da que foi o seu primeiro emir (príncipe ou caudillo militar).[13][14] Trasladou a súa capital desde Medina Elvira á actual cidade de Granada. Morreu envelenado en Alxer en 1019 por orde do seu rei, o tamén zírida, Mahdia.
En 1057 anexionáronse a Taifa de Málaga ao conquistala aos reis da dinastía hammudí que a gobernaban desde 1026. Con todo, en 1073, a taifa malagueña volvería independizarse da man do tamén zírida Tamim, irmán do rei granadino Abd’Allah ben Buluggin polo que até a caída destes reinos a mans dos Almorábides en 1090, no Al-Andalus coexistiron dous reinos taifas gobernados por membros da dinastía zírida.
Por extensión, o termo zírida aplícase tamén á arte e ás construcións civís realizadas en época desta dinastía nas zonas de Al-Andalus que dominaron (Granada e Málaga). Entre elas destacan a alcazaba Cadima no Albaicín, parte da antiga muralla de Granada e a Alcazaba de Málaga.
Taifa de Granada
[editar | editar a fonte]Nº de orde | Nome | Anos no poder |
---|---|---|
1 | Zawi ben Ziri as-Sinhayi | 1013-1019 |
2 | Buluguin ben Zawi | 1019 |
3 | Habús ben Maksan ben Ziri as-Sinhayi al-Muzaffar | 1019-1038 |
4 | Badis ben Habús al-Mansur | 1038-1073 |
5 | Buluguin ben Badis | 1073 |
6 | Abd’Allah ben Buluggin ben Badis, Sayf ad-Dawla | 1073-1090 |
Taifa de Málaga
[editar | editar a fonte]- Tamin ben Buluggin ben Badis (1073-1090)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.euratlas.net/history/europe/1000/entity_2146.html
- ↑ Zírida no DIGALEGO
- ↑ Hrbek (1990), p. 356
- ↑ Hrbek (1990), p. 350
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Zeidan, Adam. "Zīrid dynasty". britannica.com (en inglés). Consultado o 2-6-2019.
- ↑ 6,0 6,1 Mazot (2001), p. 142
- ↑ Larej (2000), p. 21
- ↑ Achir (en inglés)
- ↑ Hrbek (1990). p. 358
- ↑ 10,0 10,1 Idris (1968), p. 358
- ↑ Mahdia (en inglés)
- ↑ Idris (1968), p. 364
- ↑ "emir". digalego.xunta.gal. Consultado o 2-6-2019.
- ↑ "emir". academia.gal. Consultado o 2-6-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zíridas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hrbek, Ivan (1990). "L’avènement des Fatimides". En El Fasi, M. (director). Histoire Générale del'Afrique. Vol III (L’Afrique du VIIe au XIe siècle) (en francés). París: UNESCO. pp. 341–364. ISBN 92-3-201709-1.
- Idris, Hady Roger (xullo setembro 1968). "L'invasion hilālienne et ses conséquences". Cahiers de civilisation médiévale (en francés) (Poitiers: Universidade de Poitiers) (43): 353–369. doi:10.3406/ccmed.1968.1452.
- Kennedy, Hugh (1996). Muslim Spain and Portugal : a political history of al-Andalus (en in). Longman. ISBN 9780582495159.
- Larej, Waciny (2000). Kabylie, lumière des sens. Col. Terres Rebelles (en francés). Villeurbanne: Editions Golias. ISBN 978-2911453779.
- Mazot, Sybille (2001). "Túnez y Egipto: aglabíes y fatimíes". En Hattstein, Markus; Delius, Peter. El islam. Arte y arquitectura (en castelán). Colonia: Köneman. pp. 128–163. ISBN 3-8290-2559-9.
- Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Espasa)