Saltar ao contido

Yu Hua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaYu Hua

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Hangzhou, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
EducaciónInternational Writing Program (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Pequín Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista , guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
LinguaLingua chinesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0950500 BNE: XX4832506 Editar o valor en Wikidata

Yu Hua (chinés tradicional: 余華; chinés simplificado: 余华; pinyin: Yú Huá), nado o 3 de abril de 1960, é un escritor, doutor e novelista de vangarda chinés.

Entre as súas obras, traducidas a máis de vinte idiomas, destacan Huozhe ("Vivir", 1993), Xu sanguan mai xue ji ("Crónica dun mercador de sangue", 1995) e Xiongdi ("Irmáns", 2005). As dúas primeiras foron nomeadas entre as dez novelas máis influentes da década dos noventa segundo a crítica e os editores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Yu Hua naceu en Hangzhou, na provincia de Zhejiang, aínda que a súa familia procede do condado de Gaotang, en Shandong. Ambos os dous pais eran médicos de profesión.[1] Cando o autor contaba cun só ano de idade, a familia trasladouse a Haiyan.[1] Na primaria e mais na secundaria, tivo que estudar as obras de Mao Zedong e de Lu Xun.[2]

Logo de participar na Revolución Cultural, en 1977, suspendeu os exames de acceso á universidade.[3] Posteriormente, ingresou na Escola de Medicina para iniciar os seus estudos.[3] En marzo de 1978, foi asignado como dentista na cidade de Wuyuan.[3]

En 1983, Yu Hua comezou a súa carreira como escritor.[4] Nese mesmo ano, conseguiu un traslado ao Centro Cultural de Haiyan.[5] En 1991, publicou a súa primeira novela longa, Zai xiyu zhong huhan ("Un berro no orballo"). Seguíronlle Huozhe en 1993 e Xu sanguan mai xue ji en 1995.

En 2004, recibiu a Medalla da Orde das Artes e das Letras de Francia, xunto con Mo Yan e Li Rui.[6] Ao ano seguinte, saíu do prelo a primeira parte de Xiongdi, seguida pola súa continuación ao ano seguinte. En 2011, publicou en Taiwán a seu ensaio Shi ge cihui li de Zhongguo ("A China en dez palabras"). En abril do mesmo ano, foi nomeado director emérito da Federación Chinesa das Letras e as Artes en Hangzhou.[7]

As súas dúas últimas novelas son Di qi tian ("O sétimo día", 2013) e Wencheng (2021).

  • V Premio de Literatura Zhuang Zhongwen (1992).
  • Premio Grinzane Cavour (1998).
  • Orde das Artes e das Letras de Francia (2004).
  • Premio ao Mérito do Libro Chinés (2005).
  • Premio Francés de Novela Estranxeira (2008).
  • Premio Yasnaya Polyana á Mellor Obra Estranxeira (2022).

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Shi ge cihui li de Zhongguo 十个词汇里的中国 ("A China en dez palabras", 2011).
  • Zai xiyu zhong huhan 在细雨中呼喊 ("Un berro no orballo", 1991).
  • Huozhe 活着 ("Vivir", 1993).
  • Xu sanguan mai xue ji 许三观卖血记 ("Crónica dun mercador de sangue", 1995).
  • Xiongdi 兄弟 ("Irmáns", 2005).
  • Di qi tian 第七天 ("O sétimo día", 2013).
  • Wencheng 文城 (2021).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]