Xuventude Comunista dos Pobos de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Juventud Comunista de los Pueblos de España
Logo XCPG.jpg
Dirixentes e organización
LíderJavier Cayuela (Responsábel Político)
Historia
Fundación13 de maio de 2017 14 de abril de 2019 (como JCPE)
Posicións políticas
IdeoloxíaMarxismo-leninismo
Internacionalismo
Posición políticaEsquerda revolucionaria
Outros datos
SedeC/ Mendívil, 33 (Madrid)
Páxina webwww.jcpe.es
Juventudes del Partido Comunista de los Pueblos de España.

A Xuventude Comunista dos Pobos de España (JCPE, as súas siglas en español) é a organización xuvenil do Partido Comunista dos Pobos de España (PCPE).

No plano internacional mantén relacións con organizacións xuvenís comunistas e revolucionarias de distintos lugares do mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

A JCPE foi fundada o 13 de maio de 2017 nun pleno de xóvenes do PCPE por iniciativa do Comité Central do PCPE como a súa organización xuvenil[1] tras a crise interna vivida polo PCPE en abril de 2017 que supuxo a ruptura coa cal até entón fora a súa organización xuvenil, os Colectivos de Xóvenes Comunistas (CJC), entón recibiu a denominación de Xuventude do PCPE.

En novembro de 2018 unha delegación da JCPE foi convidada pola Unión de Xóvenes Comunistas a visitar Cuba, mantendo intercambios coas direccións das organizacións políticas e de masas do país co fin de fortalecer as relacións. En decembro do mesmo ano, a J-PCPE celebrou a súa I Escola Central de Formación en Vila-real (Castelló).[2]

En abril de 2019 celébrase a I Conferencia da JCPE baixo o lema «A xuventude obreira e popular planta cara, organizámonos para vencer». Adóptase un novo logotipo e a denominación de Xuventude Comunista dos Pobos de España (JCPE). Maite Plazas resulta elixida como Responsábel Política da JCPE.[3] En novembro de 2019 a JCPE acudiu como delegación internacional ao I Congreso Internacional de Xóvenes e Estudantes organizado polo Foro de São Paulo en Caracas.

Na actualidade[cando?] leva a cabo a súa labor política a partir de varias campañas que teñen á xuventude da clase obreira como suxeito central da súa intervención, ademais desenvólvese en distintas frontes e organizacións estudantís, sindicais, barriais, feministas da Fronte Obreira e Popular Polo Socialismo.

Organización[editar | editar a fonte]

O órgano de dirección da JCPE é o Comité Estatal de Direción, que dirixe a organización e aplica a liña emanada da Conferencia Central da JCPE e o Congreso do PCPE.

Estrutura territorial[editar | editar a fonte]

A JCPE organízase en Comités Nacionais ou Rexionais, que agrupan aos diversos colectivos da organización dun territorio. Nalgúns territorios, o seu nome cambia ou se denomina na lingua propia do territorio. Nesta táboa móstranse as denominacións territoriais da JCPE:

Territorio Organización territorial
 Andalucía Juventud Comunista del Pueblo Andaluz (JCPA)
 Aragón JCPE Aragón
 Illas Canarias Juventud Comunista del Pueblo Canario (JCPC)
 Cantabria JCPE Cantabria
 Castela-A Mancha JCPE Castilla-La Mancha
 Castela e León JCPE Castilla y León
 Cataluña Representado pola Joventut do PCPC
 Madrid JCPE Madrid
 Comunidade Valenciana JCPE País Valencià
 Estremadura JCPE Extremadura
 Galicia Xuventude Comunista do Pobo Galego (XCPG)
 Navarra Euskal Herriko Gaztedi Komunista (EHGK)
 País Vasco Euskal Herriko Gaztedi Komunista (EHGK)
Murcia Rexión de Murcia JCPE Región de Murcia

Responsábeis políticos[editar | editar a fonte]

Período
Responsábel político/a
2017 - 2019 Alejandro Navarro
2019 - 2020 Maite Prazas
Desde 2020 Javier Cayuela

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Partido Comunista de los Pueblos de España - El PCPE en Madrid denuncia la vandalización de sus sedes por parte de la fracción" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  2. "Celebracion de la I Escuela Central de Formación de la J-PCPE" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o Novembro de 2018. Consultado o 14 de setembro de 2021. /
  3. "Sobre los retos de la JCPE en el estado español" (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]