Xurx Kahala
جورج كحّالة (Xurx Kahala) | |
---|---|
Bispo da Igrexa católica greco-melquita | |
Biografía | |
Nacemento | 1 de agosto de 1938 en Alepo, Siria |
Exarca apostólico de Venezuela | |
1995 - actualidade | |
Predecesor | Butrus Rai |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Xurx Kahala[1][2] (en árabe: جورج كحّالة), nado en Alepo o 1 de agosto de 1938, é un relixioso católico melquita sirio, dende 1995 exarca apostólico de Venezuela.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xurx Kahala naceu en Alepo o 1 de agosto de 1938. Aos 10 anos de idade ingresou no seminario menor dos alepinos no Líbano, e posteriormente estudou cos xesuítas. Realizou estudos superiores de Filosofía e Teoloxía na Universidade Espírito Santo de Kaslik, Islamoloxía na Universidade San Xosé de Beirut, onde tamén doutorouse en Filosofía, e obtivo un diploma en Estudos pastorais pola Universidade de Montreal.[3]
Foi ordenado sacerdote o 2 de febreiro de 1966 polo arcebispo Hilariun Kabutxi[4] Foi director do seminario dos alepinos entre 1967 e 1970, e ao mesmo tempo profesor de Filosofía da Universidade Espírito Santo. En 1972 foi nomeado párroco en Caracas, cargo que mantivo até 1989.[3]
En 1989 volveu ao Líbano, onde foi nomeado vigairo xeral da súa orde, e onde pasou a encargarse da formación dos novizos. O 12 de outubro de 1995 o papa Xoán Paulo II nomeouno exarca apostólico de Venezuela, visitador apostólico para os melquitas da Arxentina, e bispo titular de Abila Lysaniae. Recibiu a consagración episcopal o 21 de decembro de 1995 de mans do patriarca Máximo V.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Transliteración segundo o traballo Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica de Víctor Fresco Barbeito.
- ↑ Tamén coñecido por outras romanizacións do seu nome: Georges Kahhalé, Jorge Kahhale.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Exarchat Apostolique du Vénézuéla - Brève notice biographique de l'exarque apostolique actuel". Patriarcado Católico Greco-Melquita (en francés).
- ↑ Nome orixinal árabe: هيلاريون كابوتشي, tamén romanizado como Hilarion Capucci.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Butrus Rai |
Exarca apostólico de Venezuela dende 1995 |
Sucesor: (no cargo) |
- Nados en 1938
- Nados en Alepo
- Bispos católicos do século XX
- Bispos católicos do século XXI
- Bispos da Igrexa católica greco-melquita
- Bispos católicos de Siria
- Bispos católicos de Venezuela
- Alumnos da Universidade Espírito Santo de Kaslik
- Alumnos da Universidade San Xosé de Beirut
- Alumnos da Universidade de Montreal
- Basilianos alepinos
- Relixiosos católicos de Siria