Máximo V Hakim
مكسيموس الخامس حكيم (Máximo V Hakim) | |
---|---|
Patriarca da Igrexa católica greco-melquita | |
Biografía | |
Nacemento | 18 de maio de 1908 en Tanta, Exipto |
Pasamento | 29 de xuño de 2001 |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 20 de xullo de 1930, por Máximo IV Sair |
Consagración episcopal | 13 de xuño de 1943, por Cirilo IX Murabrab |
Elixido patriarca | 22 de novembro de 1967 |
Patriarca de Antioquía | |
1967 - 2000 | |
Predecesor | Máximo IV Sair |
Sucesor | Gregorio III Laham |
Outros | |
![]() Escudo de Máximo V | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Máximo V Hakim (en árabe: مكسيموس الخامس حكيم), nado en Tanta (Exipto) o 18 de maio de 1908 e finado o 29 de xuño de 2001, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita e bispo da Damasco dende o 22 de novembro de 1967 até o seu retiro o 22 de novembro de 2000.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos e sacerdocio[editar | editar a fonte]
Hakim naceu en Tanta, unha cidade do Khedivato de Exipto, o 18 de maio de 1908,[1] de pais orixinarios da cidade siria de Alepo.
O 20 de xullo de 1930 foi ordenado sacerdote por Amin Risqallah Sair, arcebispo de Tiro. Entre 1932 e 1943 foi director do colexio patriarcal no Cairo.[1]
Bispo de Acre[editar | editar a fonte]
O 13 de marzo de 1943 foi nomeado bispo de Acre,[1] e recibiu a consagración episcopal o 13 de xuño de mans do patriarca Cirilo IX Murabrab.
Patriarcado[editar | editar a fonte]
O 22 de novembro de 1967 foi elixido patriarca de Antioquía e bispo de Damasco polo Sínodo da Igrexa católica greco-melquita. Polo seu cargo foi nomeado membro da Pontificia Comisión para a Revisión do Código de Dereito Canónico Oriental (Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo).[2]
Como patriarca, foi un dos principais conselleiros do papa Xoán Paulo II nos asuntos referidos ao Medio Oriente.[3]
Permaneceu no cargo até o seu retiro o 22 de novembro de 2000, con 92 anos. Finou ao ano seguinte, o 29 de xuño de 2001.
Obra[editar | editar a fonte]
- Pages d'Évangile lues en Galilée. Vercruysse-Vanhove. 1956.
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
Foi Comandante da Lexión de Honor.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Who's who in the State of Israel. 1958. p. 307.
- ↑ Pontificia Commissio Codici Iuris Canonici Orientalis Recognoscendo, ed. (1975). "Istituzione e composizione della Commissione" (PDF). Nuntia (Libreria Editrice Vaticana) (1): 11. OCLC 9237479.
- ↑ Riccardi, Andrea. Juan Pablo II. La biografía. Editorial San Pablo. p. 328. ISBN 9789587156577.