Saltar ao contido

Xosé Tarrío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXosé Tarrío
Biografía
Nacemento1968 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 2005 Editar o valor en Wikidata (36/37 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX1757276

Xosé Tarrío González, nado na Coruña en 1968 e finado na mesma cidade o 2 de xaneiro de 2005[1], preso anarquista, símbolo da loita pola abolición dos cárceres e do réxime FIES, é o autor do libro autobiográfico sobre o mesmo tema Fuxe, home, fuxe. Diario dun preso FIES.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tarrío, alcumado o Che ou o Cheché, naceu na Coruña no seo dunha familia humilde de cinco irmáns no ano 1968, no marxinal barrio de Katanga, tamén chamado as Casas de Franco. Xa desde novo conviviu cos malos tratos debido a problemas familiares ocasionados polo alcoholismo do seu pai e pola incapacidade económica da súa nai Pastora González, malia os seus esforzos por manter a familia. Xosé era o cativo de cinco irmáns. Aos once anos ingresou nun internado católico xa que os seus pais tiveron que emigrar a Suíza. Alí comezou a recibir malos tratos por parte das monxas que o tiñan baixo os seus coidados. Empezou desde novo a delinquir, o que o levou a ingresar aos 14 anos nun reformatorio. Entrou na cadea por primeira vez ós 17, onde estivo seis meses a causa dun roubo. Este feito marcou a súa vida, e a partir daquela chegaron novas condenas complicadas con outras novas xurdidas a partir de problemas dentro da propia prisión e numerosos intentos de fuxida.[2] Chegou a ter sentenza por 71 anos de penas firmes e máis dun cento de anos solicitados. Pasou a ser catalogado como preso en réxime FIES (Ficheiro de Internos de Especial Seguimento), creado polo goberno do PSOE, sendo ministro Antoni Asunción.[3]

Con 20 anos, e no cárcere, volveuse adicto á heroína, diagnosticóuselle que era portador da VIH e perdeu ademais varios seres queridos, o que o levou a reformular moitas cousas na súa vida, entre outras a súa militancia política. No proceso de autoformación política, en reclusión, foi abandonando as súas adiccións, primeiro á heroína e logo o resto (incluíndo as drogas legais).

Xosé Tarrío protagonizou múltiples fugas e motíns, ás veces con éxito, ao longo do seu periplo pola mayoría dos cárceres da xeografía española onde fixo amizades duradeiras, como, por exemplo con Juan José Garfia, consideradado durante moito tempo a inimigo público número 1 en España e autor do libro Adiós prisión. Neste periplo coñeceu de primeira man a violencia, o narcotráfico e embrutecemento que se vivía nos cárceres. Xosé Tarrío cumpriu 17 anos de cárcere, doce deles en illamento, sen permiso ningún nin terceiro grao por mor do seu comportamento problemático. Neste tempo tamén se formou, cultivando a lectura nos longos períodos de illamento, o que lle permitiu escribir o seu libro autobiográfico, que recolle a realidade de moitas persoas confinadas no cárcere. En 1988 cadra no cárcere de Zamora co vigués Gabriel Pombo da Silva, con quen comparte unha vida paralela, marcada pola emigración, a pobreza, o maltrato no cárcere e a convicción anarquista.

Finalmente saíu en liberdade ano e medio máis tarde do que deberían ter sido, xa que non se lle fusionaron as súas penas nunha soa. Fíxoo en 2005 logo de sufrir unha parálise cerebral diagnosticada por erro como gripe polos médicos do cárcere. Logo dun calvario hospitalario, pasou por estado de coma, ata o seu falecemento a comezos de 2005. Trala súa morte, houbo manifestacións no estado español. Esa mesma noite saboteáronse con cócteles molotov caixeiros de Caixa Catalunya e La Caixa en Barcelona.

Autobiografía

[editar | editar a fonte]

Na súa autobiografía Tarrío mostra á sociedade a violencia institucional no panorama carcelario español e, por extensión, o submundo dos cárceres no mundo e desde o punto de vista dos presos máis desfavorecidos. O seu diario Fuxe, home, fuxe é unha alegación contra o sistema penal e penitenciario desde o punto de vista de quen sufriu os abusos e vexacións que se dan no ámbito carcelario, consentidas pola sociedade. Tamén se reflicten nel as ansia de liberdade dos presos embrutecidos polo desarraigo familiar (consecuencia da política de dispersión de presos instaurada por Antoni Asunción, e que condena ás familias dos presos a cumpriren tamén a pena xa que non poden ir visitar os seus familiares), as condicións inhumanas dos presos doentes (especialmente aqueles que sofren enfermidades incurábeis como a SIDA) e a esperanza dun mundo mellor da outra banda dos barrotes que queda afogada polos maltratos, abusos e torturas dos funcionarios de prisións.

Huye, hombre, huye, converteuse nun dos títulos máis reeditados da literatura anticarceraria anarquista recente, onde se denuncia as condicións de prisión das persoas de familia pobre e emigrante que se rebela contra os abusos carcelarios e, daquela, acaba por vivir nun réxime penitenciario extremo.[4]

  • Huye, hombre, huye. Diario de un preso FIES. Prólogo de Iñaki Rivera Beiras. Bilbao: Virus Editorial, 1997.
  • Que la lucha no muera. Ante la adversidad: rebeldía y amistad. Madrid: Imperdible Editorial, 2015. Edición póstuma de artigos, poemas e reflexións, así como textos de homenaxe e un limiar da súa nai Pastora González.

Edicións da autobiografía

[editar | editar a fonte]
  • Huye, hombre, huye. Diario de un preso FIES. Limiar de Gabriel Pombo da Silva. Buenos Aires: Individualidades Anarquistas, 2008.
  • Huye, hombre, huye. Diario de un preso FIES. [Santiago de Chile]: Editorial Sedición, [sen ano].
  • Huye, hombre, huye. Diario de un preso F.I.E.S. Asociación Nais Contra a Impunidade in Memoriam de Xosé Tarrío e Diego Viña, 2015.
  • Huye, hombre, huye. Diario de un preso FIES. Imperdible, 2017.

Traducións da autobiografía

[editar | editar a fonte]
  • Huye, hombre, huye. Diario di un prigionero F.I.E.S. Trad. ao italiano. Limiar de Iñaki Rivera Beiras. Getafe: Sentimientos Contra el Poder, 2006. 2a. edición aumentada, con limiar de Claudio Lavazza e anexo con entrevista a Pastora González e Julia da Silva.
  • Hau ab, Mensch. Trad. ao alemán. Santiago de Compostela: Fundación Xosé Tarrío, 2007.
  • Huye, hombre, huye : chroniques de l'enfermement. Trad. ao francés. [Francia]: Nyctalope éd., 2011.
  • Huye, hombre, huye. Diary of a Maximum Security Prisioner. Limiar de Iñaki Rivera. [Reino Unido]: LBC Books, 2014.
  • Fuxe, home, fuxe. Trad. ao galego de Isaac Lourido. [A Coruña]: Nais contra a Impunidade, 2015.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi obxecto de varios actos de recoñecemento e manifestacións en diversas cidades do estado español. O 3 de xaneiro de 2009 familiares e amizades de Xosé reuníronse en Madrid para homenaxealo coa inauguración da praza Xosé Tarrío. Con este acto non se procuraba un recoñecemento legal nin unha homenaxe singular a Tarrío senón crear un espazo de memoria para dar voz á loita do movemento a prol da abolición dos cárceres. Desde que se inaugurou a praza, o concello retirou varias veces as placas en lembranza de Xosé Tarrío, porén sempre volven aparecer. Desde a súa creación neste lugar tiveron lugar de xornadas, teatro, charlas e proxeccións abolicionistas e en defensa dos dereitos das persoas confinadas en prisión e nos CIES.

Coidamos de vital importancia recuperar os vencellos sociais que se foron fracturando conforme o sistema capitalista foi facéndose máis complexo. Por esa razón as xornadas van realizarse de novo na praza Xosé Tarrío (situada na encrucillada a rúa do Calvario e Ministriles), na rúa xa que coidamos que é o único sitio que nos achega a tod@s e onde ninguén pode sentirse excluíd@. (Fragmento traducido da presentación das xornadas Dentro, fuera, dentro realizadas na Plaza Xosé Tarrío de Madrid en 2011)[5]

En 2010 o Ateneu Llibertari del Casc Antic de Barcelona editou un documental Fugarse del infierno. Un pequeño homenaje a Xosé Tarrío, asesinado el 2 de enero de 2005 por la sociedad carcelaria. Nel recóllense declaracións de Tarrío, de Pastora González e documenta accións na rúa na súa memoria e a prol do movemento abolicionista das prisións.

En 2015 créase na Coruña o Ateneo Libertario Xosé Tarrío.

  1. "5 años sin ti: Xose Tarrio González" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en Galiza Libertaria.
  2. De la Cuadra, Bonifacio (1999-02-14). "Reportaje: Historia de una rebelión contra la cárcel". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-18. 
  3. De la Cuadra, Bonifacio (1999-02-14). "Un régimen muy especial". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-18. 
  4. "[Libro] Huye, hombre, huye. Diario de un preso F.I.E.S.". Todo Por Hacer (en castelán). 2017-11-04. Consultado o 2019-05-18. 
  5. "Dentro, fuera, dentro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13/05/2019. Consultado o 13/05/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Criminales y fugitivos. Madrid: Ediciones El País, 2012.
  • Garfia Rodríguez, Juan José. Adiós prisión. El relato de las fugas más espectaculares. Tafalla: Txalaparta, 1995.
  • Iglesias Martínez, Laudelino & Tarrío, Xosé. Dossier bajesstrijd van sociale gevangen in Spanje : over de hel van de speciale regimes in de Spaanse gevangenissen. Amsterdam: ABC Amsterdam, [2006].
  • Prision Was Created for the Poor. Mothers & Sons. From FIES to Aachen. Pastora & Xosé Tarrío González. Julia & Gabriel Pombo da Silva. Introdución de Mark Barnsley. Leeds: Leeds ABC Publications, febreiro 2007, 36 páxinas. Reedición en EUA por American Remix by Lugnut. Edición dixital de marzo de 2012.[1]Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]