Pastora Dominga González Viéitez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pastora Dominga González Viéitez
Nome completoPastora Dominga González Viéitez
Nacemento11 de agosto de 1948
Falecemento25 de abril de 2019
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
OcupaciónActivista polos dereitos humanos
editar datos en Wikidata ]

Pastora Dominga González Vieites, nada o 11 de agosto de 1948 e finada na Coruña o 25 de abril de 2019, foi unha activista galega a favor da abolición dos cárceres. Nai do histórico preso anarquista Xosé Tarrío, impulsou o colectivo de apoio ás persoas presas Nais contra a impunidade.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu no barrio de Katanga, nas chamadas Casas de Franco, da Coruña, onde tivo cinco fillos. O máis cativo deles era Xosé Tarrío. Emigrou co seu home a Suíza, deixando o fillo en internados. Sufriu o cárcere do seu fillo mais foi ao ler o seu libro, Fuxe, home, fuxe, cando se decatou da violencia de que era obxecto. Nese momento decidir volver da emigración para apoiar ao seu fillo e a involucrarse na loita contra as prisón impulsando a asociación galega Nais Contra a Impunidade e converteuse nun referente da loita na denuncia das torturas sistemáticas a que son sometidos as persoas presas, o funcionamento do sistema carcerario e a impunidade dos carcereiros e das forzas de seguridade.[1]

E xa non falemos do aillamento, ao meu fillo tivérono 12 anos en réxime FIES, control directo, controlado as 24 horas do día a través dun monitor. ¿Como poden dicir que o cárcere reinserta cando foi deseñado e fabricado para destruír o ser humano? (declaración de Pastora González; tradución)[2]

Co tempo converteuse nun referente da loita a prol do abolicionismo das prisións e moi respectada polo movemento anarquista.[3]

É autora do limiar ao segundo libro do seu fillo, Que la lucha no muera. Ante la adversidad: rebeldía y amistad (Imperdible Editorial, 2015), unha recompilación póstuma de textos e poemas de Xosé Tarrío e lembranzas das súas amizades.

Participou activamente no Ateneo Libertario Xosé Tarrío e na asociación Familias Frente a la Crueldad Carcelaria.

As súas cinsas enterráronse no mesmo lugar onde están as do seu fillo, na Praia dos Riás.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En abril de 2019 apareceron diversas pintadas na Coruña en memoria dela. Un mural na zona da Torre de Hércules que puña: "Que la lucha no muera. Abaixo os muros. A nai das punks” e outro que dicía “Pastora vive”.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Pastora Dominga, la mare de Xosé Tarrío i de qui va perdre fills a la presó". La Directa (en catalán). Consultado o 2019-05-13. 
  2. "Pastora González: “Lo que están haciendo es castigar el dolor”". La Haine Galiza (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  3. "Último adiós a Pastora Dominga González en la Playa de Os Riás (Coruña)". La Haine Galiza (en castelán). Consultado o 2019-05-13. 
  4. "Todo nuestro amor a Pastora González Vieites, Alasbarricadas.org". www.alasbarricadas.org. Consultado o 2019-05-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Prision Was Created for the Poor. Mothers & Sons. From FIES to Aachen. Pastora & Xosé Tarrío González. Julia & Gabriel Pombo da Silva. Introdución de Mark Barnsley. Leeds: Leeds ABC Publications, febreiro 2007, 36 páxinas. Reedición en EUA por American Remix by Lugnut. Edición dixital de marzo de 2012.[1]Arquivado 15 de setembro de 2017 en Wayback Machine.

Outros artigos[editar | editar a fonte]