Caixa Catalunya
Aparencia
Caixa Catalunya | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | caixa de aforros ![]() | |||
Actividade | ||||
Produtos
| ||||
Data | ||||
Fundación | 26 de outubro de 1926 ![]() | |||
Disolución | 2010 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | España ![]() | |||
Sede | Barcelona e Caixa Catalunya building (en) ![]() ![]() | |||
Lugar de formación | Barcelona ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Caixa Catalunya (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Catalunya) foi unha caixa de aforros de Cataluña fundada en 1926. Chegou a ser a quinta caixa de aforros de España, a segunda entidade financeira máis importante en Cataluña, e a primeira con respecto a entidades financeiras de propiedade parcialmente pública. En decembro de 2009 a entidade contaba con 1.155 oficinas, todas elas en España excepto unha situada en Perpiñán, Francia.[1] O 1 de xullo de 2010 fusionouse con Caixa Tarragona e Caixa Manresa, adoptando o nome de CatalunyaCaixa.[2]
O 30 de setembro de 2011, CatalunyaCaixa foi nacionalizada polo Estado a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Informe de xestión de Caixa Catalunya 2009" (PDF). 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "De Caixa Catalunya a CatalunyaCaixa". 2010. Consultado o 18 de marzo de 2011.
- ↑ "El Estado toma el control de Unnim, NovacaixaGalicia y CatalunyaCaixa". www.elmundo.es. Consultado o 2020-01-17.