Xosé Otero Canto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xosé Otero Canto
Nacemento6 de xuño de 1951
 A Ponte de Outeiro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor e escritor
editar datos en Wikidata ]

Xosé Otero Canto, nado na Ponte de Outeiro (Outeiro, Castro de Rei)[1] o 6 de xuño de 1951,[2] é un escritor galego.

IES Lucus Augusti, onde estudou e foi profesor.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto Masculino de Lugo. Rematou Maxisterio en 1967 e exerceu como mestre en Guitiriz e no colexio Muralla Romana. Ao non convocarse oposicións para o ensino público, estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1975. Foi profesor na academia Lope de Vega e no Colexio Fingoi de Lugo entre 1977 e 1979. Nese ano aprobou oposicións para o ensino medio.

Deu clase no Instituto de Formación Profesional de Guitiriz, onde foi membro do equipo directivo, no IES Muralla Romana de Lugo e no IES Lucus Augusti, do que foi catedrático de lingua e literatura castelá. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e profesor relator no Centro de Formación Continuada do Profesorado en Lugo.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Salaios da chaira, 2006, Fundación Manuel María.
  • Arelas de prata e soños, IESCHA 2008.
  • Guía poética da muralla de Lugo, 2010, Concello de Lugo.
  • Miño, río pai e amigo, 2010, Irmandade Manuel María.
  • Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas, 2010, Espiral Maior.
  • Poemas da cidade, 2010, Follas Novas.
  • Nenias chairegas, 2013, Alvarellos Editora.
  • Poética da viaxe, 2012, Iescha.
  • Valuria, 2015, Irmandade Manuel María.[3]
  • As Catedrais, portas do misterio, 2016, Concello de Ribadeo.
  • Telúrica, 2017. Alvarellos Editora. Libros do Sarela.[4]
  • Muralla, lúa chea imperial, 2017. Concello de Lugo[5]
  • Sinódica luz, 2018. Ourense: Editorial Cuestión de Belleza. ISBN 978-84-944866-8-5[6][7]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Segundo premio no XXXIII Certame Literario do Concello de Vilalba no 2007, por Nesta silandeira cremalleira de auga.
  • Gañador do Premio do Concello de Vilalba no 2008, por "Atafegando o asfalto" e publicado posteriormente co título de Poemas da cidade.
  • Primeiro Premio na XVII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2008.
  • Primeiro Premio do XXXIII Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal". Begonte (Lugo) 2009.
  • Segundo premio do XXXV Certame literario de Vilalba no 2009, por Outono, mancebo céfiro de ás ergueitas.
  • Segundo Premio na XVIII Edición do Certame Literario "A Pipa" 2009
  • Primeiro Premio do XXXIV Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal" Begonte. 2010
  • Primeiro Premio no IV Certame de Poesía "Terras de Chamoso" 2010.
  • Mención de Honor no Certame Internacional de Poesía e Conto Breve convocado polo Centro Cultural Rosalía de Castro de Buenos Aires 2011.
  • Primeiro Premio no V Certame de Poesia "Terras de Chamoso" 2011
  • Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2011, por Na singradura dos desexos.
  • Segundo Premio na XX Edición do Certame Literario "A Pipa" 2011.
  • Segundo Premio do XXXVI Certame Nacional de Poesía sobre "O Nadal", Begonte 2012.
  • Accésit na XVII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela. 2012.
  • Primeiro Premio no XXXVIII Certame Literario de Vilalba. 2012 por "Nenías chairegas"
  • Primeiro Premio do XXXVII Certame Nacional de poesía sobre O Nadal, Begonte 2013.
  • Mención de Honor na XVIII Edición do Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López. Paradela 2013.
  • Segundo Premio no VII Certame Literario Terras de Chamoso. 2013
  • Segundo Premio do XXXVIII Certame Nacional de Poesía sobres O Nadal de Begonte 2014.
  • Terceiro Premio da XXVIII edición do Certame Literario Rosalía de Castro en Cornellà de Llobregat, Barcelona. 2014.
  • Primeiro Premio do XXXIX Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2015.
  • Primeiro Premio do XL Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal, Begonte 2016.[8]
  • Primeiro Premio no XLII Certame Literario de Vilalba polo poemario "Telúrica" 2016.
  • Primeiro Premio do XLI Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2017.[9]
  • Primeiro Premio no I Certame de Poesía Galega "Editorial Cuestión de Belleza" Ourense 2018.
  • Primeiro Premio do XV Certame Literario do Concello de Ames 2018[6]
  • Primeiro Premio do XLII Certame Nacional de Poesia sobre O Nadal. Begonte 2018.
  • Terceiro Premio do III Certame de Debuxo e Poesía Avelino Díaz, Meira 2019
  • Primeiro Premio do XLIII Certame Nacional de Poesía sobre O Nadal. Begonte 2019[10]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]