Xosé Estévez
Xosé Estévez | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Xosé Estévez Rodríguez |
Nacemento | 29 de agosto de 1943 (79 anos) |
Quiroga, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | historiador |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Estudos Eclesiáticos, Filosofía e Letras |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé Estévez Rodríguez, nado en Quiroga o 29 de agosto de 1943, é un historiador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomado en Estudos Eclesiásticos, Seminario Maior Diocesano de Lugo, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid en 1973, e doutor en Historia pola Universidade de Deusto, en 1990.
Primeiro foi crego, un crego atípico, moi lembrado pola banda da Fonsagrada, que non cobraba nos enterros e participaba como un veciño máis en todos os traballos comunais. Secularizouse e fíxose historiador. Máximo especialista en Galeusca.[1]
Trasladouse en 1973 ao País Vasco segundo as súas sus propias palabras "por amor". Casado coa tamén profesora María Isabel Goñi Olea, o matrimonio tivo dous fillos, e unha filla falecida en 2006.[2]
Profesor na Universidade de Deusto, Campus de Donostia, de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999 ata a súa xubilación. Tamén exerceu a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.[3]
Socio de número da Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, desde 1987, colaborador da Gran Enciclopedia Ilustrada do País Vasco e dos periódicos Deia, Gara e A Nosa Terra.
Grande amigo de Manuel María, publicou un estudo sobre a súa relación con Euskal Erria.[4]
En 2017 foi o duodécimo Premio Galiza Mártir.[5]
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Impenitencias Galeuzcanas (1992). Edicións do Castro.
- Manuel Martínez Murguía. De estirpe vasca e berce do nacionalismo galego/Manuel Martinez Murguia. Euskal jatorrikoa eta Galiziako Abertzaletasunaren Aintzindari (2000). Gipuzkoako Foru Aldundia, Kultura, Euskara, Gazteria eta Kirol Departamentua. En galego e éuscaro.
- Castelao e o Galeuzca (2002). Laiovento.
- A Lagoa da memoria (2002). Trintxerpe. Guipúscoa: Fato Cultural Galego Daniel Castelao.
- Un crego atípico na Fonsagrada 1967-69 (2014). Museo da Fonsagrada.
- Da Galiza ao Galeusca. Memorias dun nacionalista e investigacións sobre as relacións entre Galiza, Euskadi e Catalunya (2020). Instituto Galego de Historia, Monografías.[6]
- O Val de Quiroga e Galiza na saudade do corazón (2020).[7]
- A presenza de Castelao en Euskadi (2021). Noia: Toxosoutos. 303 páxs. ISBN 978-84-123409-7-6
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009) Fundación Manuel María.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Cultura Vasca (I) (1977).
- Euskal Herría. Historia y Sociedad (1985).
- Historia del País Vasco (Siglo XVIII) (1985).
- La Autodeterminación de los Pueblos. Un reto para Euskadi y Europa (1985).
- Leizaola, la lealtad del viejo roble (1989).
- De la Triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930). Antecedentes del Galeuzca (1991). Universidad de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servicio de Publicaciones = Argitalpen Zerbitzua
- Antología del Galeuzca en el exilio (1939-1960) (1992).
- El Nacionalismo Vasco y los Congresos de Minorías nacionales de la Sociedad de Naciones (1916-1936) (1992).
- Ideología y Nacionalismo (1992).
- El Pueblo Vasco en el Renacimiento (1491-1521) (1994).
- Galeuzca (1994).
- Ehun Urte Euskal Herrian. Desarrollo nacional y social en el Siglo XX (1995).
- Historia de Euskal Herria. II. Del hierro al roble (1996).
- Las Juntas Generales de Gipuzko, (1996).
- Negociar (2000).
- El Contexto histórico-estructural de El Quijote (2005). Universidad de Deusto = Deustuko Unibertsitatea, Servicio de Publicaciones = Argitalpen Zerbitzua.
Obra en éuscaro[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Galiziako Historia (Finisterreko oroimena) (1994) Gaiak, D.L.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Souto, Xurxo (2020/07/17). "Volver a Quiroga". Nós Diario.
- ↑ "Xosé Estévez" (en castelán). 2020-06-10.
- ↑ "Xosé Estévez Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ Estévez, Xosé. "Manuel María e Euskal Herria". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2020.
- ↑ "El investigador Xosé Estévez Rodríguez recibirá el Premio Galiza Mártir". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-08-14. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ "“Da Galiza ao Galeuzca”. Novo libro de Xosé Estévez". www.revistamurguia.com. 2020-07-09. Consultado o 2020-07-17.
- ↑ XMF (2020-07-16). "Dobre presentación literaria de Xosé Estévez como homenaxe a Quiroga e a Galiza". Xornal de Lemos. Consultado o 2020-07-17.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xosé Estévez na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.