Saltar ao contido

Xosé Luís Bernal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xosé Luís Bernal López»)
Modelo:BiografíaXosé Luís Bernal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesFarruco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhumorista, actor Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0076034 BNE: XX851583 BUSC: farruco-1942 Discogs: 6647528 Editar o valor en Wikidata

Xosé Luís Bernal López, coñecido polo seu alcume Farruco, nado en Santiago de Compostela o 15 de abril de 1942,[1] é un humorista e actor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De novo traballou na ferraxaría dos seus pais en Santiago con escapadas a feiras e festas para facer actuacións. Durante o servizo militar fixéronlle un consello de guerra por indisciplina, do que librou por intervención eclesiástica. Dedicouse a facer actuacións e monólogos humorísticos en galego. Algúns deles foron gravados e vendidos en cintas de casete, o que lle deu grande sona.

Realizou aparicións humorísticas na Televisión de Galicia case dende o nacemento da canle, en programas como Arestora.[2] Como actor participou en filmes como Eu, o tolo, Divinas palabras, Entre bateas, Sei quen es, A vida que che espera, Os fenómenos ou Quen a ferro mata. Apareceu tamén en series de televisión como a adaptación da novela de Camilo José Cela Del Miño al Bidasoa, producida en 1990 por Televisión Española, ou Terra de Miranda, produción galega na que interpretou un dos papeis principais (Alfonso) durante sete tempadas.[3] Entre 2008 e 2010 presentou xunto a Isabel Durán o programa da TVG Vivir aquí, un espazo de reportaxes de denuncias.

Colaborou ademais en diversas emisoras de radio como a Cadena SER, COPE, Onda Cero ou a Radio Galega. En 2020 publicou Eles e mais eu. Compostelaneando, un libro no que recolle historias sobre algúns cidadáns santiagueses como as dúas Marías, Zapatones, Quiroga Palacios, Maximino Castiñeiras ou Luís Mariño.[4][5]

Farruco no Land Rober
Xosé Luís Bernal sinala a portada dunha gravación dos seus chistes no programa Land Rober Tunai Show. Xunto a el están Carlos Blanco Vila (esq.) e Roberto Vilar.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Filme Resultado
2002 Mellor actor secundario Terra de Miranda Nomeado
2008 Mellor comunicador Vivir aquí Nomeado
2009 Mellor comunicador Vivir aquí Nomeado
  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Bernal López, Xosé Luis (Farruco)". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 67. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. "Xosé Lois Bernal “Farruco”". Consultado o 22 de abril de 2023. 
  3. "«Terra de Miranda» convértese na nova gran aposta das series de ficción galegas". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de outubro de 2001. Consultado o 22 de abril de 2023. 
  4. "‘Farruco’ recolle semblanzas de santiagueses singulares no seu libro ‘Eles e mais eu. Compostelaneando’". Xunta de Galicia. 28 de setembro 2020. Consultado o 22 de abril de 2023. 
  5. Gómez, Joel (17 de xuño de 2020). "Farruco: «A historia destas persoas acabou por ser unha inesperada autobiografía»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]