Zapatones

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan Carlos Lema Balsas
Juan Carlos Lema Balsas
Zapatones en febreiro de 2009.
Nacemento 1954
Lugar Camariñas, Galicia Galicia
Falecemento 15 de maio de 2015
Lugar Pontevedra

Juan Carlos Lema Balsas[1] comunmente coñecido coma Zapatones, supostamente nado na Ponte do Porto, Camariñas en 1954[2] e falecido o 15 de maio de 2015[3] en Pontevedra, foi unha personalidade do espectáculo de Galicia, famoso pola súa presenza continuada na Praza do Obradoiro caracterizado coma peregrino[4].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Zapatones (Santiago de Compostela).jpg

De pais descoñecidos, Juan Carlos Lema foi abandonado cando era un bebé. Levárono á Casa Cuna da Coruña, das Irmás da Caridade, onde estivo ata os seis anos. A continuación pasou ao Colexio Salesiano desa cidade, e posteriormente ao localizado na parroquia de Castrelo, en Cambados. Así mesmo, estivo preso por furtos e por desacato durante o servizo militar.

En 1993, co gallo do Ano Xacobeo, comezou a traballar en Santiago de Compostela disfrazado de peregrino, de forma continuada, e facendo fotografías cos turistas, empregando sempre o mesmo disfrace e deixando medrar a barba. Desempeñou este oficio durante practicamente dúas décadas, ata 2011. En decembro dese ano, este veciño do barrio de Sar foi desafiuzado da súa casa e ingresou nun centro de rehabilitación para tratar os seus problemas de alcoholismo[5].

O personaxe de Zapatones[editar | editar a fonte]

Sobre a súa fixación por Santiago de Compostela, orixinouse mentres traballaba de camareiro nun restaurante de Cambados:

Cuando trabajaba en el restaurante Fariña hice mi primera peregrinación con el hijo de los dueños del local. Fue un solo día, y desde Cambados, pero me atrapó. Después, al salir de la cárcel militar, andaba de parra en parra, y un día en Santiago, mirando a la Catedral, lo pensé. Resulta que Daniel Otero, un comerciante que estaba cerca de Platerías, tenía un muñeco vestido de peregrino. Le pedí el traje, y así fue... Una de sus nueras, Marisa, me decía "eres un zapatones", y me gustó. De este modo logré ganarme honradamente la vida y empecé a sentir que la sociedad me abría, por fin, las puertas. No pedía nada, pero la gente me daba dinero por hacerse fotos conmigo, y me dejé la barba.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aínda que en "Me abandonaron recién nacido y los salesianos fueron mis padres" aparece citado como Lama Basas, as demais fontes consultables sinalan Lema Balsas. Lama é un apelido do sur de Ourense, mentres que só hai un Basas en Galicia, en Vigo; porén, tanto Lema como Balsas son apelidos comúns e específicos (Cartografía dos apelidos de Galicia) da zona da Costa da Morte (Camariñas), de onde provén este home.
  2. "Me abandonaron recién nacido y los salesianos fueron mis padres"
  3. ELISA ÁLVAREZ (15/05/2015). "Morre «Zapatones», o peregrino máis popular de Compostela". 
  4. Zapatones
  5. Zapatones ingresará voluntariamente en un centro asistencial cerca de Santiago, artigo de Nacho Mirás, La Voz de Galicia, 13/12/11.