Antonio Crespo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Crespo Iglesias
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónveterinario e político
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsXosé Crespo Iglesias Editar o valor em Wikidata

Antonio Crespo Iglesias, nado en Lalín o 27 de marzo de 1961, é un veterinario, e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Veterinaria e funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia. Exerceu como veterinario clínico entre 1984 e 1994. Nese ano foi nomeado Xefe de área dos servizos veterinarios de Deza e Tabeirós-Montes e en 1997 Xefe do servizo de sanidade e produción animal. Foi Director xeral de produción agropecuaria e Director do Instituto lácteo Gandeiro Galego (1997-2001). En 2001 foi nomeado Xefe do servizo de gandería de Pontevedra e en 2003 Director do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA). Entre 2005 e 2009 foi inspector veterinario oficial Deza - Vila de Cruces. En 2009 foi nomeado Director Xeral de Desenvolvemento Rural. Cesou en 2016, e en abril dese ano foi nomeado Xefe Territorial en Pontevedra da Consellería do Medio Rural.[1]

Desde 2016 é o Presidente da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia.[2]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

É irmán do alcalde de Lalín Xosé Crespo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]