Saltar ao contido

Búmerang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Búmerang
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
Códigos e identificadores
Freebase/m/01dd3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Un búmerang[1] (do inglés: boomerang) é un pau voador con forma curvada que se usa como deporte ou como arma. É un obxecto que ten orixe en diversas partes do mundo, aínda que os máis coñecidos son os empregados polos aborixes australianos.

Características

[editar | editar a fonte]
Home brandindo un búmerang.

Ten un tamaño e lonxitude variábeis pero raramente superior a 50 cm. É lixeiramente curvado en ángulo cara a súa metade (o que lle confire o efecto necesario para describir voos circulares). Pode ser redondo ou cos bordos afiados, aínda que tamén existen modelos con forma de aspa.

Os búmerangs, historicamente, empregábanse como armas de caza, instrumentos musicais de percusión, porras de combate, acendedores de lume, cebos para a caza de aves acuáticas e como xoguetes recreativos. O búmerang máis pequeno pode medir menos de 10 cm (3,9 in) de punta a punta, e o máis grande máis de 180 cm (71 in) de longo.[2]

As representacións de búmerangs lanzados contra animais, como os canguros, aparecen nalgúnas das mostras de arte rupestre máis antigas do mundo, a arte rupestre indíxena australiana da rexión de Kimberley, que podería ter ata 50.000 anos de antigüidade.[3]

Segundo os informes, o búmerang europeo máis antigo que se conserva, atopado nunha cova en Polonia en 1985, ten unha antigüidade duns 40.000 anos.[4][5]

O búmerang aborixe australiano máis antigo que se conserva foi atopado nun turbal no Wyrie Swamp, no Australia Meridional, en 1973.[6] Foi datado no 10.000 a.C. e consérvase no Museo de Australia Meridional, en Adelaida.[7]

Segundo Tony Butz, antigo profesor de historia e lingüista, e fundador da Boomerang Throwing Association de Nova Gales do Sur, «o búmerang de retorno era descoñecido para os pobos aborixes na maior parte do Territorio do Norte, en toda Tasmania, na metade de Australia Meridional e nas partes setentrionais de Queensland e Australia Occidental. Aproximadamente o 60 % dos pobos aborixes empregaban tanto búmerangs de retorno como paus de caza que non retornaban, e polo tanto tiñan palabras para eles; un 10 % adicional tiña só paus de caza que non retornaban, e o 30 % restante non empregaba ningún dos dous».[8]

Esténciles e pinturas de búmerangs aparecen na arte rupestre de Papúa Occidental, incluíndo a Península de Bird's Head e Kaimana, probablemente datadas no último máximo glacial (24.000–16.000 a.C.), cando os niveis do mar máis baixos favoreceron a continuidade cultural entre Papúa e Arnhem Land no norte de Australia.[9]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para búmerang.
  2. Bailey, Ted. "World's largest boomerang". flight-toys.com. Arquivado dende o orixinal o 7 September 2008. Consultado o 17 October 2008.
  3. "Kimberley rock art could be among oldest in the world". ABC News (Australian Broadcasting Corporation). 2 November 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 February 2016. Consultado o 7 February 2016.
  4. "World's oldest boomerang older than thought, but not Australian". www.bbc.com (en inglés). 2025-06-25. Consultado o 2025-06-26.
  5. Talamo, Sahra; Casaccia, Nicole; Richards, Michael P.; Wacker, Lukas; Tassoni, Laura; Nadachowski, Adam; Kraszewska, Anna; Kowal, Magda; Skłucki, Jakub; Barrington, Christopher; Kelly, Monica; Tait, Frankie; Williams, Mia; Figus, Carla; Vazzana, Antonino (2025-06-25). "Boomerang and bones: Refining the chronology of the Early Upper Paleolithic at Obłazowa Cave, Poland". PLOS ONE (en inglés) 20 (6): e0324911. ISSN 1932-6203. PMC 12194152. doi:10.1371/journal.pone.0324911.
  6. "Earliest evidence of the boomerang in Australia". National Museum of Australia. 13 April 2018. Consultado o 19 December 2024.
  7. "Boandik leaders oppose sale of Aboriginal artefacts collected by teacher". ABC News. 19 December 2024. Consultado o 19 December 2024.
  8. "Boomerang Association of Australia". boomerang.org.au. 1 August 2003. Arquivado dende o orixinal o 2 June 2003. Consultado o 15 May 2025.
  9. Arifin, Karina (2004). Rock Art in West Papua (PDF). UNESCO Publishing. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 February 2017. Consultado o 20 January 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]