Xoán Davila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Xoán Davila
  Tui
Falecemento 1610
  Santiago de Compostela
Nacionalidade España
Ocupación escultor
editar datos en Wikidata ]
San Xerome de Estridón de Xoán Davila na capela da comuñón da Catedral de Santiago de Compostela.

Xoán Davila nado en Tui e finado no 1610 en Santiago de Compostela, foi un importante escultor galego renacentista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a Valladolid a perfeccionar a súa formación no obradoiro de Estaban Jordán, onde recibiu claras influencias de Juan de Juni. Realizou os retablos de Santa María de Castrobeza e San Nicolás naquela cidade. O 2 de setembro de 1599 asina xunto con Gregorio Español un contrato para a realización do coro lígneo da Catedral de Santiago de Compostela en madeira de nogueira. Ámbolos dous asumirían en 1603 a tarefa de tallar o retablo do Colexio de Fonseca do que nos quedan as figuras de San Xerome de Estridón e Santo Agostiño de Hipona na capela da Comuñón da basílica compostelá. Máis adiante realiza o retablo da antiga capela de San Frutuoso na catedral de Santiago e o do cruceiro do mosteiro de San Martiño Pinario. Estas últimas obras desapareceron. Un ano antes da súa morte o cabido da Catedral de Tui encargoulle a cadeira prelacial.

Estilo[editar | editar a fonte]

Realiza tallas con tipos alongados e esveltos, outorga grandes doses de expresividade e vitalidade aos seus personaxes. Utiliza planos diferenciados para os pes e panos cinguidos á anatomía das figuras. Acada unha apreciable calidade técnica nas roupaxes, a fisionomía do rostro e as características barbas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]