Consellería de Xustiza e Interior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conselleiro de Xustiza e Interior»)

A Consellería de Xustiza e Interior foi unha antiga consellería da Xunta de Galicia que se encargou de tarefas relacionadas coa seguridade e coa relación coas administracións de Xustiza. Na actualidade, as súas competencias están recollidas dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de Xustiza e Interior naceu coa propia Xunta, en 1982. Despois dun período de cambios políticos, con catro conselleiros en menos de dous anos, as súas competencias pasaron a ser recollidas pola Consellería de Presidencia. En 1993 Manuel Fraga recupera de novo a figura da consellería, que se mantén ininterrompidamente ata 2005, onde coa chegada do bipartito formado por socialistas e nacionalistas desaparece, sendo as súas competencias recollidas pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Conselleiros[editar | editar a fonte]