Saltar ao contido

Arsenio Fernández de Mesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArsenio Fernández de Mesa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Ferrol Editar o valor en Wikidata
79º Director xeral da Garda Civil
30 de decembro de 2011 – 18 de novembro de 2016
 Francisco Javier Velázquez LópezJosé Manuel Holgado Merino 
Deputado no Congreso dos Deputados
30 de novembro de 2011 – 2 de xaneiro de 2012 – Antonio Pérez Insua 

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
24 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
22 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
22 de marzo de 2000 – 16 de maio de 2000 – María Fernanda Faraldo Botana 

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Delegado do Goberno en Galicia
2000 – 2004
 Juan Miguel Diz GuedesManuel Ameijeiras 
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado no Congreso dos Deputados
13 de novembro de 1989 – 13 de abril de 1993

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Concelleiro de Ferrol
1983 – 1991 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeFátima Sicre Romero Editar o valor en Wikidata
FillosFátima Fernández de Mesa Sicre, Arsenio Fernández de Mesa Sicre, Mónica Fernández de Mesa Sicre Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco de Asís Fernández de Mesa y de Hoces Editar o valor en Wikidata  e María Luisa Díaz del Río González-Aller Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancisco Fernández de Mesa y Porras, avó paterno
Ana de Hoces y Losada, avoa paterna
Arsenio Díaz del Río, avó materno
María de la Concepción González-Aller y de Acebal, avoa materna Editar o valor en Wikidata
Premios

Enciclopedia Galega Universal: 126638 BUSC: 981013405902407712

Arsenio Fernández de Mesa Díaz del Río, nado o 20 de xullo de 1955 en Ferrol, é un político galego do Partido Popular.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Iniciouse en política en grupos falanxistas de Ferrol tras a morte de Franco, grupos que se adicaban a ameazar sindicalistas e demócratas. O 14 de maio de 1977 acudiu a Cedeira vestido de falanxista á inauguración polo exministro franquista Gonzalo Fernández de la Mora dun monumento a Franco.[1]

En 1979 entrou a traballar como axudante de xardinaría no porto de Ferrol, coa categoría de funcionario do Estado (Grupo D). Foi delegado comercial e inspector de pinturas para barcos no Departamento Marítimo da empresa International Marine Coatings con delegación no porto de Ferrol. Comeza a súa carreira política como concelleiro de Ferrol (1983-1991), foi tenente de alcalde de Ferrol (1987-1989). Nas Eleccións Xerais de 1989 foi elixido deputado no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña (1989-2000). Foi Delegado do goberno en Galicia (2000-2008) e durante a catástrofe do Prestige (2002) a súa actuación foi moi criticada pola oposición, Nunca Máis e ecoloxistas. Nas Eleccións Xerais de 2008 volveu ser reelixido deputado pola provincia da Coruña, e tamén nas de 2011.

En decembro dese mesmo ano foi designado director xeral da Garda Civil por Mariano Rajoy, en substitución de Francisco Velázquez, que ata daquela compartía a responsabilidade sobre a Policía e a Garda Civil. Cesou como director da Garda civil o 18 de novembro de 2016 e en xaneiro de 2017 foi nomeado conselleiro de Red Eléctrica de España.[2]

Predecesor:
Juan Miguel Diz Guedes
 
Delegado do goberno en Galicia
 
2000 - 2004
Sucesor:
Manuel Ameijeira Vales
Predecesor:
Francisco Velázquez
 
Director Xeral da Garda Civil
 
2011 - 2016
Sucesor:
José Manuel Holgado

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casado e ten tres fillos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]