Xoán Bautista de La Salle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xoán Bautista de La Salle
DeLasalle Leger.jpg
Nacemento30 de abril de 1651
Lugar de nacementoReims
Falecemento7 de abril de 1719
Lugar de falecementoRuán
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterReims
Ocupaciónteólogo, sacerdote católico, mestre e pedagogo
Na rede
WikiTree: De_La_Salle-2 Find a Grave: 61846041 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xoán Bautista de La Salle, nado o 30 de abril de 1651 en Reims (Francia) e finado en Ruan o 7 de abril de 1719, foi o fundador da comunidade dos Irmáns das Escolas Cristiáns ou lasalianos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seu dunha familia nobre, estudou teoloxía en París, foi canónico e presbítero. Sensibilizado coa situación da xuventude marxinal das capas máis baixas da poboación, repartiu os seus bens entre os necesitados e acolleu na súa casa a mestres pobres. Fundou unha comunidade de laicos non sacerdotes, aínda que co tempo foron asumindo os votos de pobreza e celibato para mellor cumprir o seu compromiso a prol da educación e promoción humana da xuventude das masas campesiñas esfameadas, dos fillos de artesáns depauperados e da primeira xuventude proletaria, para a que fundou escolas dominicais. Incidiu tamén na rehabilitación de mozos delincuentes.

Os seus métodos pedagóxicos foron innovadores: potenciación da lingua vernácula e materna fronte ao latín, clases en grupo para fomentar o compañeirismo e os valores de camaradería e axuda mutua, formación de mestres, así como o fincapé no reforzo positivo máis que na mera disciplina e a represión.

As súas iniciativas espertaron desconfianza na xerarquía eclesiástica e a oposición de nobres influentes. O carácter laical e gratuíto das escolas e centros de formación suscitou oposición e receo, pero isto non impediu a consolidación da súa orde, incluída na propia París e a súa expansión por toda Europa. En 1698, redacta a regra da Congregación.

Deixou escritas algunhas obras de espiritualidade e pedagoxía.

Significación[editar | editar a fonte]

Foi beatificado en 1888 e canonizado en 1900 por León XIII. Está considerado na Igrexa Católica como un dos patróns dos mestres e educadores ao igual que Xosé de Calasanz ou Xoán Bosco.

As súas experiencias pedagóxicas son o xermolo da escola primaria francesa. O número de rapaces e mozos labregos, artesáns e traballadores alfabetizados explica o éxito da difusión de panfletos propagandísticos dos ideais revolucionarios e a organización das capas máis desherdadas que foron a forza de choque utilizada pola burguesía para facer triunfar Revolución Francesa.

En Prusia durante o Kulturkrampf a orde lasaliana foi prohibida, reanudándose a súa presenza despois de 1918, para volver a ser prohibida polo nazismo.