Xiana Arias
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Xiana Arias | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 28 de maio de 1983 |
Lugar de nacemento | A Fonsagrada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritora e música |
Pai | Amador Arias |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Ciencias da Comunicación |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xiana Arias Rego, nada na Fonsagrada o 28 de maio de 1983, é unha poetisa e xornalista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou como xornalista na Radio Galega no programa Diario Cultural e en Onda Vital ata 2020.
O seu primeiro poemario, Ortigas, foi o gañador do Premio de poesía Pérez Parallé no ano 2006. Colabora na revista Xistral e na publicación Pirata en apoio ao Cineclube de Compostela, onde publicou a serie Cleo de dez a doce. No ano 2009, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, participou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras" en Santiago de Compostela.
Como música, toca o baixo no grupo Atrás Tigre. Como actriz participou no filme A estación violenta.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Ortigas (Espiral Maior, 2007).
- Acusación (Galaxia, 2009).
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Pirata (Brigadas de Intervención Rápida George Grosz, 2007).
- Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
- To the winds our sails (Salmon Poetry, 2010). Tradución do galego ao inglés.
- Non conciliados (Cineclube de Compostela, 2011).
- Novas de poesía. 17 poetas (Fundación Uxío Novoneyra, 2013).
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina da autora na web da Editorial Galaxia
- "Mover os marcos"Arquivado 14 de decembro de 2009 en Wayback Machine., entrevista en Galicia Hoxe (en galego)
- Perfil en As escollas electivas