Xia Wanchun
![]() Retrato de Xia Wanchun xunto ao seu pai, Xia Yuyi. | |
Nome póstumo | 忠毅 e 節愍 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de outubro do 1631 |
Morte | 16 de outubro do 1647 |
Causa da morte | pena de morte ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Poeta, soldado |
Período de actividade | Dinastía Ming |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Chinés clásico |
Familia | |
Pai | Xia Yunyi ![]() |
Xia Wanchun (chinés tradicional e simplificado: 夏完淳; pinyin: Xià Wánchún; Wade-Giles: Hsia4 Wan2-ch'un2), nado o 4 de outubro do 1631 e finado o 16 de outubro do 1647, foi un poeta e soldado de finais da dinastía Ming (1368-1644). Neno prodixio, faleceu aos 17 anos de idade durante as invasións manchús que derrocaron aos Ming.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xia Wanchun foi recoñecido como poeta dende moi novo. Comezou a escribir aos 7 anos, e foi discípulo de Chen Zilong (1608-1647). Aos 9, xa sabía compoñer fu no estilo antigo.[1] Os seus poemas ci son famosos polo seu "entusiasmo e pathos".[1]
Aos 15 anos alistouse no exército para enfrontarse aos Qing, xunto co seu pai, Xia Yunyi (1596-1645). Sobre os soldados dos Ming caídos, escribiu: "Os sabios dispérsanse como as nubes, o estado está en ruínas! Compuxen dezaoito jueju cun espírito que excede ao de calquera longo lamento".[2] Do mesmo xeito que o seu pai, foi executado polos soldados manchús.[1]
Poema de despedida
[editar | editar a fonte]O seu poema de morte ten moita sona. Nel, reflexiona sobre a guerra e a proximidade do seu falecemento. A peza é a seguinte:[1]
三年羈旅客
今日又南冠
無限山河淚
誰言天地寬
已知泉路近
欲別故鄉難
毅魄歸來日
靈旗空際看
Camiño pola senda da guerra dende hai tres anos
e agora son un prisioneiro.
As bágoas asolagan montañas e ríos,
quen diría que o ceo e a terra son vastos?
Sei que a miña morte se aproxima,
é difícil despedirse do fogar,
o día que a miña alma regrese
espero ver aos manchús derrotados.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carlitz, K. (1995). "Review: The Late-Ming Poet Ch'en Tzu-lung: Crises of Love and Loyalism by Kang-i Sun Chang". Harvard Journal of Asiatic Studies (en inglés) 55 (1): 225–237. doi:10.2307/2719425.
- Yuan, X. (2017). An Outline of Chinese Literature II (en inglés). Routledge. ISBN 9781315277882.