Jisei no ku


Un poema de despedida (辞世の句 jisei no ku?) ou poema de morte é un poema escrito pouco antes da morte do seu autor[1].
Historia[editar | editar a fonte]
É unha tradición entre persoas alfabetizadas de varias culturas, especialmente na cultura do Xapón.
É un xénero de poesía que se desenvolveu nas tradicións literarias das culturas do leste asiático, principalmente no Xapón, así como en certos períodos da historia chinesa e en Corea durante a dinastía Joseon.
Poemas de despedida xaponeses[editar | editar a fonte]
Algúns soldados na Segunda guerra mundial seguiron esta tradición.
Yukio Mishima escribiu no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debería ter abdicado e asumido a responsabilidade pola perda de vidas na guerra. En 1970, estando en contra da Constitución que despois da guerra perpetuou ao emperador do Xapón no seu cargo, tentou un golpe de Estado que fracasou. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou[2]. No cuartel que asaltou, dixo "A vida humana é finita mais eu gostaría de vivir para sempre"; practicou seppuku e escribiu uns breves versos de despedida:
散るをいとふ世にも人にも
さきがけて
散るこそ花と
吹く小夜嵐
Chiru o itofu
Yo ni mo hito ni mo
Sakigakete
Chiru ni so hana to
Fuku sayoarashi
Unha pequena treboada nocturna sopra dicindo 'caer é a esencia dunha flor'
Precedendo aos que dubidan
Poemas de morte coreanos[editar | editar a fonte]
Ademais dos monxes budistas coreanos, os eruditos confucianos chamados seonbis escribían ás veces poemas de morte (절명시). Porén, os exemplos máis coñecidos son os escritos ou recitados por personaxes históricos executados por lealdade ao seu antigo rei ou por un complot insidioso. Son, polo tanto, versos improvisados, que a miúdo declaran a súa lealdade ou firmeza. Varios deses exemplos están escritos en coreano sijo (tres liñas de 3-4-3-4 ou a súa variación) ou en formato hanja de cinco sílabas (5-5-5-5 para un total de 20 sílabas) da poesía chinesa antiga (五言詩).
Yi Gae (이개·1417–1456) foi un dos "seis ministros martirizados" executados por conspirar para asasinar o Rei Sejo, quen lle usurpou o trono ao seu sobriño Danjong. Sejo ofreceu perdoar a seis ministros, incluídos Yi Gae e Seong Sam-mun, se se arrepentían do seu crime e aceptaban a súa lexitimidade, pero Yi Gae e todos os demais negáronse. Recitou o seguinte poema na súa cela antes da execución o 8 de xuño de 1456. No seguinte sijo, "Señor" (임) debería lerse "ser querido", o que significa o Rei Danjong neste caso[3].
방안에 혔는 촛불 눌과 이별하엿관대겉으로 눈물지고 속타는 줄 모르는다. 우리도 천리에 임 이별하고 속타는 듯하여라.
Oh, luz de candeas que alumeas o cuarto, de quen te separaches? Derramas bágoas por fóra e ardes por dentro, pero ninguén se decata.
Partimos do noso Señor nunha longa viaxe e ardemos coma ti.
----
![]() |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sfetcu, Nicolae (2014-05-12). Poetry Kaleidoscope (en inglés). Nicolae Sfetcu.
- ↑ Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.
- ↑ "시진회 기본 > 고시조 > 방안에 혔는 촛불/ 이개". www.sijomunhak.com. Consultado o 2022-07-12.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jisei no ku |