Albaneses de Kosovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albaneses de Kosovo
Albaneses en Kosovo segundo o censo de 2011.
Poboación
Poboación total:
2-3 millóns
Rexións principais:
Kosovo Kosovo1 616 869 (2011)[1]
Turquía Turquía+ 600 000
Alemaña Alemaña300 000[2]
Suíza Suíza200 000[2][3][4]
Aspectos culturais
LinguaLingua albanesa
RelixiónSunnismo (maioría)
Cristianismo, irrelixión (minoría)
Grupos
relacionados
Pobo albanés

Os albaneses de Kosovo (en albanés: Shqiptarët e Kosovës), tamén coñecidos como albanokosovares,[5] constitúen o grupo étnico máis grande en Kosovo. Segundo o censo de 1991 de Iugoslavia, o cal foi boicoteado polos albaneses, había 1 596 072 albaneses en Kosovo ou o 81,6% da poboación. Nas estimacións do ano 2000, había entre 1 584 000 e 1 733 600 albaneses en Kosovo ou o 88% da poboación; no ano 2011,[1] a poboación albanesa era do 92,93%. Os albaneses de Kosovo son ghegs.[6] Falan o albanés nas súas variedades gheg, máis especificamente as do noroeste e do nordeste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Minority Communities in the 2011 Kosovo Census Results: Analysis and Recommendations" (PDF). European Centre for Minority Issues Kosovo. 18 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 3 de xaneiro de 2014. Consultado o 3 de setembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Emigration in Kosovo (International Emigation) – Page 32-38". Kosovo Agency of Statistics, KAS. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2014. 
  3. "Die kosovarische Bevölkerung in der Schweiz" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de decembro de 2017. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  4. "Donner une autre image de la diaspora kosovare". Le Temps. 21 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2015. Consultado o 17 de marzo de 2022. 
  5. Definición de albanokosovar no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  6. Simon Broughton; Mark Ellingham; Richard Trillo (1999). World music: the rough guide. Africa, Europe and the Middle East. Rough Guides. p. 5. ISBN 978-1-85828-635-8. Consultado o 13 de xullo de 2013. Most of the ethnic Albanians that live outside the country are Ghegs, although there is a small Tosk population clustered around the shores of lakes Presp and Ohrid in the south of Macedonia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]