Xandru Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xandru Fernández
Datos persoais
Nacemento 1970
Lugar Turón, Mieres, Asturias Asturias
Actividade
Lingua Asturiano
Movemento Surdimientu
Xéneros Narrativa e poesía
Alma máter Universidade de Oviedo
Premios Premio Xosefa de Xovellanos (1994, 1999, 2011)
Premio Xuan María Acebal de Poesía (2008)
http://xandrufernandez.wordpress.com/

Xandru Fernández, nado en Turón, Mieres en 1970, é un escritor asturiano en lingua asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filosofía pola Universidade de Oviedo, exerceu de profesor da materia do mesmo nome no instituto público de Lluanco. A súa obra é unha das máis extensas da segunda xeración do Surdimientu. Componse de novelas, poesía e libros de relatos; ademais de traducións de autores como Franz Kafka e Thomas Mann. Alén diso, é coñecido pola súa faceta de letrista musical, espacialmente como colaborador do grupo de rock Dixebra, mantendo relación de amizade cos seus membros.

Gañou, ente outras cousas, o Premio de narrativa Xosefa de Xovellanos en 1994 (El club de los inocentes), 1999 (El suañu de los páxaros de sable) e 2011 (El príncipe derviche)[1] e o Xuan María Acebal de poesía de 2008. Foi promotor de diversas iniciativas culturais, columnista do semanario Les Noticies e membro do consello editorial da revista de ensaio Tiempu de Nós.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Novela:
    • El silenciu en fuga (1990)
    • Tráficu de cuerpos (1990)
    • El club de los inocentes (1994) (Premio Xosefa de Xovellanos)
    • El suañu de los páxaros de sable (1999) (Premio Xosefa de Xovellanos)
    • Los homes de bronce (2001)
    • Les ruines (2005, Ediciones Trabe; reeditado en 2011, Suburbia ediciones)
    • El nuesu mar de los sargazos (2005)
    • La banda sonora del paraísu (2006)
    • El príncipe derviche (2012, Suburbia ediciones)
  • Poesía:
    • Primer bestiariu (1990)
    • Breviariu de la diáspora (1993)
    • Lletra muerto (1998)
    • Servidume (2000)
    • Les vides incompletes (2009) (Premio Xuan María Acebal)
    • Restauración. Antología poética (2010, Ediciones Trea, versión billingüe)
  • Relatos:
    • Del llaberintu al trenta (1995)
    • Les cuentes del alma (2000)
    • Entierros de xente famoso (2008, Suburbia Ediciones)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1], Les Noticies, consultao'l 15 de payares de 2011

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]