Saltar ao contido

Wu Cheng'en

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWu Cheng'en
Nome orixinal(zh-hant) 吴承恩 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1500 Editar o valor en Wikidata
Huai’an (Chinese Empire) Editar o valor en Wikidata
Morte1582 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Shanyang County (Chinese Empire) Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, calígrafo, escritor, erudito Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteIndex of Ming Biographical Materials (en) Traducir, (p.244) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1063158 BNE: XX968966 Editar o valor en Wikidata

Wu Cheng'en (chinés tradicional: 吳承恩; chinés simplificado: 吴承恩; pinyin: Wú Chéng'ēn; Wade-Giles: Wu2 Ch'êng2-ên1), nado contra 1500 e finado cara a 1580, nome de cortesía Ruzhong (汝忠), foi un novelista, poeta e político chinés da dinastía Ming. É considerado por moitos o autor de Xi you ji 西遊記 ("Viaxe ao Oeste", 1592), unha das novelas clásicas chinesas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wu Cheng'en naceu no condado de Lianshui, na provincia de Jiangsu, aínda que despois se trasladou a Huai'an.[1][2][3] O seu pai, Wu Rui, amosou unha boa capacidade para os estudos cando era novo,[1] mais acabou traballando como artesán debido á situación económica da súa familia. Porén, continuou dedicándose á literatura, paixón que transmitiu ao seu fillo, quen dende pequeno coñeceu a literatura clásica, xunto con historias populares e anécdotas.[1][3]

Wu Cheng'en presentouse varias veces aos exames imperiais, co obxectivo de converterse en funcionario, mais nunca logrou aprobar. Non conseguiu acceder á universidade imperial de Nanjing até a mediana idade, despois do cal si obtivo un posto de mandarín, servindo tanto en Beijing como no condado de Changxing.[1] Non obstante, descontento co seu traballo, acabou por dimitir, pasando o resto dos seus días escribindo contos e poemas na reclusión da súa vila natal.[1] Neste tempo, acadou fama como escritor de poesía e prosa, trabando amizade con algúns dos grandes literatos da súa época. Con todo, Wu Cheng'en viviu na pobreza toda a súa vida, e non deixou descendencia.[3] Insatisfeito co ambiente político e coa corrupción do mundo, recluíuse nunha ermida.[1]

Xi you ji

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xi you ji.
Páxina da edición máis antiga conservada do Xi you ji, do século XVI.
Páxina da edición máis antiga conservada do Xi you ji, do século XVI.

A principal razón da sona de Wu Cheng'en é a suposta autoría do Xi you ji, publicado anonimamente en 1592, ao que Wu nunca fixo referencia nas súas outras obras.[3] Este anonimato era común na época, xa que a ficción se consideraba vulgar. Os grandes literatos procuraban imitar o estilo da literatura clásica das dinastías Qin, Han e Tang, escrita en chinés clásico.[1] Xa que logo, ao redactar o Xi you ji en chinés vernáculo, Wu foi contra as convencións da súa era. Durante os seguintes tres séculos, a meirande parte dos chineses descoñecía ao autor do Xi you ji, aínda que na súa vila natal xa se lle recoñecía o mérito a Wu.[3]

A comezos do século XX, Hu Shih e os seus estudantes realizaron unha serie de análises textuais e investigacións sobre varios rexistros da dinastía Qing, que suxerían a autoría de Wu.[1] En concreto, Hu atopou unha fonte histórica de 1625 que atribúe explicitamente o Xi you ji a Wu Cheng'en.[3] Porén, outros investigadores, como Liu Ts'u-yan, negan que esta evidencia sexa proba suficiente.[4] Ademais, non se sabe con certeza se a novela foi creada por unha soa persoa, ou se se trata dunha compilación de lendas e folclore previos.[5]

Outras obras

[editar | editar a fonte]

Para alén do Xi you ji, Wu escribiu multitude de poemas e relatos, e incluso outra novela. Secasí, a meirande parte destes textos perdeuse. As obras conservadas proceden, principalmente, dunha compilación de manuscritos en catro volumes realizada polos familiares do autor tras o seu pasamento.[1] Algúns dos seus versos foron rexistrados tamén en escolmas da época.[1]

As súas pezas adoitan criticar a corrupción da sociedade.[1] O propio autor definiuse, nun dos seus poemas, como un "espírito desafiante".[1] A súa poesía céntrase na expresión de emocións intensas e sen restricións, o que lle valeu a comparación co gran vate Li Bai, malia que as súas estrofas non seguen con exactitude ningún dos estilos clásicos.[1] Por outra banda, Wu tamén se gabou do carácter terreal dos seus traballos, en oposición aos escritos fantasiosos de moitos dos seus contemporáneos. No prefacio ao seu Yu ding zhi 禹鼎志, escribiu: "O meu libro non trata só do sobrenatural, senón tamén das fraquezas dos homes".[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]