World Cup Italia '90

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
World Cup Italia '90
Distribuidora Sega
Lanzamento 1990
Xénero Deportes
Modos de xogo Ata 2 xogadores simultáneos
Plataformas Sega Mega Drive, Sega Master System, MS-DOS
Formato Cartucho, disquete
Requisitos 80286 (versión de PC)

World Cup Italia '90 é un videoxogo de fútbol de Sega para Mega Drive e Master System publicado en 1990. Trátase do primeiro xogo dun mundial de fútbol en levar a licenza oficial da FIFA, amosando o logo oficial e a mascota. O xogo trae os grupos oficiais, equipos e os horarios reais do campionato.

Foi portado por U.S. Gold para DOS, Amiga, Atari ST, Commodore 64 e ZX Spectrum. Despois do Mundial, o xogo foi publicado como World Championship Soccer e despois renomeado a Sega Soccer no cartucho de recopilación Mega 6 de Mega Drive, eliminando os créditos de Virgin Mastertronic. En Brasil foi publicado co nome Super Futebol II.

O xogo[editar | editar a fonte]

O xogo presenta unha visión de arriba cara abaixo e unha versión simple de fútbol (non hai faltas, substitucións, ou estratexias). Os xogadores deben driblar e pasa-lo balón cara un extremo do campo e tratar de marcar un gol ao equipo contrario. Cando o equipo do xogador ten a pelota, el ou ela pode conducir o balón polo campo, patea-la pelota cara a meta, pasa-lo balón polo aire a outro membro do equipo, ou patea-lo balón cara adiante na dirección que o xogador afronta actualmente. Cando o equipo contrario ten o balón, o xogador pode cambiar entre os diferentes membros do equipo no campo, ou atacar ao seu opoñente para saca-lo balón do seu control.

Países xogables[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]