Emden
Emden | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Baixa Saxonia, Alemaña | ||
Capital | n/d | ||
• Poboación | n/d | ||
Lingua oficial | alemán | ||
• Total | 112 km² | ||
• % auga | n/d | ||
• Total (2020) | 49874 hab. | ||
• Densidade | 444 hab./km² | ||
Xentilicio | n/d | ||
Fuso horario | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Emden é unha cidade do noroeste de Alemaña.
Administración[editar | editar a fonte]
Ten a condición de cidade libre e pertencente ao estado de Baixa Saxonia.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Está á beira do río Ems[1] na rexión de Frisia Oriental, Tamén é unha cidade costeira, cun dos portos comerciais máis importantes do Mar do Norte, ao que se accede pola súa localización no Golfo de Dollart.
Nome[editar | editar a fonte]
Ao longo da historia a cidade de Emden chamousse Amuthon, Embda, Emda e Embden.
Historia[editar | editar a fonte]
Fundación[editar | editar a fonte]
Descoñécese a data exacta na que se fundou Emden, pero a súa existencia coñécese dende o século VIII.
Finais da Idade Media
En 1495, o emperador Maximiliano I do Sacro Imperio Romano Xermánico, que aínda era rei naquel momento, concedeu á cidade o seu actual brasón, o Engelke up de Mue (en alemán moderno Engelchen auf der Mauer, "Anxo no muro"). A finais do século XV, Emden tamén recibiu do mesmo emperador o seu dereito de almacenamento (Stapelrecht),[2] outorgado á cidade e que obrigaba aos comerciantes a permanecer alí máis de tres días para vender os seus bens.
Idade Moderna[editar | editar a fonte]
A igrexa de Emdem apoiou os Geuzen na batalla de Heiligerlee e a Revolta Holandesa nos comezos da guerra de Flandres.
O dereito Stapelrecht foi abolido coa creación da Unión Alfandegueira do Norte de Alemaña en 1834.
Destrución e reconstrución na segunda metade do XX[editar | editar a fonte]
Durante a segunda guerra mundial, a cidade sufriu os primeiros bombardeos aliados, destruíndo máis do 90%.
Economía[editar | editar a fonte]
Hoxe en día, é unha das cidades máis prósperas da rexión de Frisia Oriental (Ostfriesland), e considérase a súa capital, no norte da Baixa Saxonia (Niedersachsen). Destaca por ter a terceira fábrica de automóbiles Volkswagen de Alemaña, polo seu importante porto, no estuario do río Ems, e pola súa actividade universitaria.
Ensino[editar | editar a fonte]
En Emden atópase a Universidade Politécnica de Emden (Fachhochshule Oldenburg / Ostfriesland / Wilhelmshaven), hoxe Escola Universitaria de Emden-Leer (Hochschule Emden-Leer, con sedes en Emden e Leer).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Emden". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
- ↑ "Geschichte (Historia)". www.seaport-emden.de (en alemán). Consultado o 29 de abril de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emden ![]() |