El Rubius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEl Rubius

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalRubén Doblas Gundersen
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1990 (34 anos)
España Mijas, Málaga, España
Datos persoais
ResidenciaMadrid, España
País de nacionalidadeEspañola
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalAnimación e modelado 3D
Actividade
OcupaciónYoutuber
Período de actividade3 de xaneiro de 2012 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
QSMP (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioEl Rubius
Rubius Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua norueguesa Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webrubiuscorp.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm8070991 Facebook: ElrubiusOMG-337992166223323 Twitter: Rubiu5 Instagram: elrubiuswtf Youtube: UCXazgXDIYyWH-yXLAkcrFxw TikTok: rubius Twitch: Rubius Editar o valor em Wikidata

Rubén Doblas Gundersen, máis coñecido como «El Rubius» ou «Rubius», nado en Mijas o 13 de febreiro de 1990, é un videoprodutor na plataforma YouTube de orixe española. Na actualidade, é o youtuber máis seguido do seu país, a 4° canle máis seguida en lingua española e a 18° máis popular de YouTube a nivel global. A temática principal dos seus vídeos son os videoxogos comentados, tratados dun xeito humorístico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na localidade malagueña de Mijas en 1990, de pai español e nai norueguesa, pasou a súa infancia e parte da súa adolescencia entre España e o país nórdico.[1][2][3] En Noruega estableceu, a través de Internet, amizade con Miguel Ángel Rogel (máis coñecido como Mangel ou mangelrogel), youtuber español que colabora de maneira frecuente nos seus vídeos, a quen coñeceu en persoa en 2012 e con quen compartiu piso durante un tempo. Fala noruegués de maneira fluída.

Cando se estableceu definitivamente en España, decidiu estudar Animación e Modelaxe 3D.[4] Rubius subiu o seu primeiro vídeo a YouTube en 2006 e dende ese ano até 2011, cando decidiu dedicarse en exclusiva á súa canle, subía contidos ao portal de maneira esporádica.[5]

Durante os anos 2012 e 2013 traballou xunto a outros usuarios da plataforma como MangelRogel, Panda, Lokillo ou Maximus en BGames, a sección de videoxogos de Boomerang Live (actualmente chamada BLive), network con canle de YouTube do Grupo Boomerang TV.

No ano 2014, fixo un cameo en Torrente 5, unha comedia española protagonizada e dirixida por Santiago Segura.

En 2015, concedeu a súa primeira entrevista en televisión, en concreto para o programa español Al rincón de pensar de Antena 3, presentado por Risto Mejide. Nesa entrevista tratáronse dramas persoais que lle emocionaron visiblemente, o que tivo unha gran repercusión nas redes sociais por ser a primeira e única vez que falou da súa vida privada en público.[6]

No verán de 2016, o youtuber participou na campaña publicitaria que a bebida Fanta realizou en España.[7][8]

No verán de 2018 decidiu coller unhas vacacións polos problemas psicolóxicos que lle estaba a causar a presión social.

En xaneiro de 2021 cambiou o seu lugar de residencia de España a Andorra.[9]

Canle de YouTube[editar | editar a fonte]

O Rubius conta con dúas canles, elrubius e elrubiusOMG, sendo este último o único que utiliza actualmente. O primeiro deles foi creado, segundo a propia canle, o 3 de abril de 2006 e foi substituído polo actual, creado o 19 de decembro de 2011, xa que debido a unha denuncia de contidos por infrinxir normas da comunidade de YouTube, non se lle permitía ser partner e obter ingresos por subir contido. Aínda que a maioría do seu contido está baseado en gameplays, nos que se comenta un videoxogo ao mesmo tempo que se xoga, na súa canle conta con outro tipo de vídeos, como videoblogs das viaxes que realiza, directos, respostas a preguntas dos seus seguidores, sketches ou challenges (retos viralizados na rede) entre outros. Todo iso na clave de humor que o caracteriza.

A finais de 2011 subiu un vídeo de tipo gameplay no que comentaba situacións do videoxogo The Elder Scrolls V: Skyrim, o cal remataría por volverse viral en Internet e conseguiu atraer subscritores á súa canle de YouTube. Máis tarde fixo unha parodia do videoxogo Minecraft, cuxo título era Minecraft en 1 minuto, que volveu a viralizarse e fíxose un oco entre os máis destacados do momento en YouTube en español. En 2012 comezou a subir vídeos nos que participaba en chats do portal Chatroulette como un trol de Internet. A súa canle logrou ser a primeira de España en número de subscritores en novembro de 2012, cando superou ao videoprodutor Willyrex, e logrou o millón de seguidores en febreiro de 2013. En febreiro de 2015, converteuse na primeira canle española en alcanzar os 10 millóns de subscritores.[10]

En outubro de 2015 YouTube organizou unha gala para conmemorar o seu décimo aniversario, onde Rubius e tamén un youtuber español Vegetta777 recibiu o premio "Botón de diamante" concedido a canles con máis de dez millóns de subscritores.[11][12]

A data de decembro de 2016, ''El Rubius'' conta con máis de 21 900 000 subscritores e os seus vídeos foron reproducidos máis de 4 650 millóns de veces.[13] Na rede social Twitter ten máis de 7,88 millóns de seguidores e en Facebook máis de 7 millóns.

Publicacións[editar | editar a fonte]

En 2014 publicou El libro troll, un libro interactivo con retos que os lectores deben completar. A obra, que nas súas primeiras seis semanas nas librarías vendeu 40.300 exemplares e foi o número un en vendas en España durante oito semanas, converteuse nun grande éxito de vendas da Feira do Libro de Madrid dese ano.[14][15]

En setembro de 2015 a editorial Planeta publicou o seu primeiro cómic, El Rubius: Virtual Hero. Nel, o propio Rubius penetra no mundo da realidade virtual, onde xunto a algúns compañeiros vive aventuras e enfróntase a diversos obstáculos.[16] En xuño de 2016, publicou a segunda parte deste último: Virtual Hero 2: A torre imposible.[17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Virginia Collera (24 de xuño de 2015). "La revolución de los ‘youtubers’". El País. 
  2. "El Rubius y la fama: "Llegué a estar un año encerrado"". Europa Press. 3 de xuño de 2015. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  3. "Elrubius: "Vivo a base de pedir comida por internet"". El Mundo. 8 de febreiro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  4. Eva Millet (21 de xuño de 2014). "El Rubius, el youtuber gamberro". La Vanguardia. Tecnología. 
  5. Marcos, Ana (3 de xuño de 2015). "La noche que Risto Mejide entrevistó a Rubén y no al Rubius". El País. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  6. "'El Rubius' se echa a llorar con Risto Mejide: "Nunca me he abierto a nadie" (VÍDEO)". Huffington Post. 3 de xuño de 2015. 
  7. "Fanta lanza 'Atrapa Tu Fanta' con envases personalizados con más de 60 motes" (en español). Prnoticias. 8 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  8. "'El Notas', 'La Pecas', 'El Moñas'... Fanta apuesta por los motes en su nueva campaña". CocaColaEspaña. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2016. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  9. TV, Destacados (2021-01-14). "La lista de Youtubers y streamers que viven en andorra y los que aún no". Destacados TV Revista (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 2021-06-06. 
  10. El Rubius, primer canal español en alcanzar los 10 millones de seguidores.
  11. País, Ediciones El (23 de outubro de 2015). "El Rubius y Vegetta777, los primeros españoles 'diamante' en YouTube". Verne (en castelán). El País. Consultado o 30 de decembro de 2015. 
  12. "El Rubius y Vegetta777, los «youtubers» españoles de mayor talento". abc.es (en castelán). ABC. Consultado o 30 de decembro de 2015. 
  13. "YouTube Statistics for elrubiusOMG". Social Blade. Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  14. Ernest Alós (22 de xullo de 2014). "Un troll en las librerías". El Periódico. 
  15. "Almudena Grandes, Quino, "El Rubius" y Lope de Vega, éxitos en la Feria". eldiario.es. Agencia EFE. 14 de xuño de 2014. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  16. Elrubius Team (10 de setembro de 2015). "Ya puedes leer el primer capítulo de elrubius: Virtual Hero". elrubius.com. 
  17. MeltyBuzz (6 de xullo de 2016). "elrubius saca su segundo cómic". elrubius.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2016. Consultado o 04 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]