Saltar ao contido

Scott Pilgrim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Scott Pilgrim é unha serie de novelas gráficas creadas polo canadense Bryan Lee O'Malley. A historia divídese en 6 tomos, publicados entre 2004 e 2010. A historia narra a vida de Scott Pilgrim, un mozo canadense de 23 anos que un día coñece a Ramona Flowers, da que acabará namorado, e pola que terá que loitar: en concreto, contra os seus sete ex mozos malvados Na actualidade, esta obra está a conseguir un tremendo éxito, demostrándose coa futura adaptación cinematográfica Scott Pilgrim vs. the World, dirixida por Edgar Wright e que se estreará na segunda metade do 2010, e un videoxogo baseado na mesma.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Scott Pilgrim, atópase nun momento da súa vida sentimental moi delicado. Tras unha traumática ruptura co seu grande amor, e unha actual e dubidosa relación con Knives Chau, unha adolescente de 17 anos, Scott coñece a Ramona Flowers, unha enigmática rapaza coa que acabara lixeiramente obsesionado. Tras varios encontros e intentos, Scott consegue unha cita con ela. Pero aínda que pareza que a sorte está do seu lado, os problemas de Scott só acaban de empezar. Para poder saír co seu novo amor, terá que derrotar aos 7 Ex mozos malvados de Ramona, integrantes da Liga dos Ex mozos malvados.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Scott Pilgrim: O protagonista de 23 anos. Toca o baixo nos Sex Bob-omb, o grupo formado polos seus amigos mais próximos e sobre a que xira gran parte da súa vida. É inmaturo, lacazán e algo paspán, o que, pese a todo, non lle causará problemas coas rapazas. Sente unha tremenda afección polos videoxogos.
  • Ramona Flowers: O amor case platónico de Scott. O seu pasado é en grande medida un misterio, ao igual que a súa idade. Mudouse de Nova York cara Toronto e traballa de mensaxeira e repartidora para Amazon.ca. Ese misterioso pasado irase revelando pouco a pouco, a medida que Scott se enfronte cos seus Ex mozos. Adoita cambiar a miúdo de peiteado, e de viaxar a través do Sub-espazo para realizar os seus encargos de maneira mais rápida.
  • Wallace Wells: 26 anos. É o compañeiro de piso gay de Scott. Case todo no piso de ambos é seu. Amosa un carácter maduro, e as veces calculador, aínda que informal e extravertido. Axuda e aconsella a Scott sobre como bater os ex mozos de Ramona. Acabará trabando amizade con Stacey Pilgrim, a irmá do seu compañeiro de piso. Mantén unha relación estable con Móbil (Mobile en inglés, ou Móvil en castelán)
  • Knives Chau: Chinesa canadense de 17 anos de carácter infantil e impulsivo. Manterá unha breve relación con Scott antes de que este coñeza a Ramona. Pese a todo, ela seguirá namorada de Scott, o que lle causara moitas dores de cabeza a el, a Ramona, e en definitiva, a todo o mundo. Desbanca a Young Neil no título de Fan Nº1 dos Sex Bob-omb.
  • Kim Pine: É a batería dos Sex Bob-omb. De carácter mais ben anti-social. Cáelle mal a moita xente e odia a case todo o mundo. Traballa de encargada nun videoclub. Ten pencas.
  • Stephen Stills: E o cantante, compositor e líder dos Sex Bob-omb, a banda que integra xunto con Scott e Kim. Vive con Young Neil, e mantén unha relación con Julie Powers. Alterase con facilidade, especialmente no referido á súa banda.
  • Young Neil: 20 anos. Vive con Stephen Stills. É estudante e era o fan nº1 dos Sex Bob-omb antes de que Knives entrase nas súas vidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]